Coñece o Programa da Aceleradora cultural para proxectos musicais de 2022 que conta con dúas fases nas que poderás
alcanzar os teus obxectivos creativos na industria musical:
• fase de aceleración donde recibirás asesoramiento,
• fase de promoción e presentación da túa idea no mercado.
Así, ao finalizar o proceso, terás creado un produto musical, un plan de lanzamento, e participado alomenos dúas veces en
circuitos, concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical tanto a nivel galego como nacional.
Beneficiarios
- Persoas físicas, maiores de idade, que se comprometan a constituírse como autónomo ou a crear a empresa no
momento de adquirir a condiciónd e beneficiario. - Profesionais autónomos e microempresas de nova creación ou cunha actividade empresarial acreditada no mundo da música inferior a cinco anos.
Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:
• Que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia.
• Estar dada de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa
música, cantantes) ou comprometerse a darse de alta nestas epígrafes ao constituírse como empresa.
• Manter ao día as obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
• No caso de empresas, non atoparse en crise no momento da presentación da solicitude.
Apoios que ofrece o Programa
Seleccionaranse un máximo de 12 proxectos/beneficiarios para participar nesta edición 2022 do Programa de Aceleradora
cultural, que constará de dúas fases:
• Fase I. Fase de aceleración. Consiste nunha etapa de consultoría individualizada ou grupal adaptada ás persoas beneficiarias e proxectos. Esta fase contén diferentes actividades de consultoría e mentorización ao redor da proposta artística, produción, promoción e comercialización e modelo de negocio, que se impartirán tanto en forma presencial como telemática. Esta fase finaliza coa creación dun produto musical e a elaboración dun plan de lanzamento de produto.
• Fase II. Fase de promoción e mercados. As beneficiarias participarán en circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical tanto a nivel galego como nacional, cun mínimo de dúas accións por proxecto e nun evento final de presentación dos proxectos.
Prazo
Ata o 28 de decembro de 2022.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (código de procedemento CT402H).
Máis información
Consultar a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento para selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 (código de procedemento CT402H).
Páxina da -Axencia Galega de Industrias Culturais: http://agadic.gal
Teléfonos: 881 99 60 77/881 99 60 78