BONOS ACTIVA COMERCIO 2022

Se tes un pequeno comercio e queres aumentar as túas vendas, a partir do 13 de outubro podes adherirte o Bono Activa Comercio. Esta campaña proporciona ás persoas usuarias descontos nas compras co fin de incentivar as vendas do comercio de proximidade.

A Xunta de Galicia está a poñer en marcha un proxecto para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación, impulsando a súa competitividade a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.

  • As persoas consumidoras disporán dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios adheridos.
  • Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe con IVE incluído , poderán obterse os seguintes descontos:
    1. Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
    2. Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
    3. Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Para as persoas usuarias os bonos estarán dispoñibles para súa descarga dende o 24 de outubro ata o 31 de decembro de 2022 e poderán utilizarse ata o 31 de decembre de 2022.

ALTA E REQUISITOS DOS COMERCIOS PARA ADHESIÓN O PROGRAMA
Poderán adherirse ao programa de bonos Activa comercio os establecementos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
  • Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas.
  • Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE, recollidos no ANEXO I desta orde.

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa de bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e descargar a aplicación.
Non será aplicable o troco dos bonos para as compras online.

OBRIGAS
Os establecementos comerciais adheridos ao programa de bonos Activa comercio adquirirán as seguintes obrigas:

  • Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios que indica a orde.
  • Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos, de xeito que as persoas usuarias non cheguen a realizar, o desembolso do importe descontado.
  • Especificar na zona de caixa a política de devolución.
  • Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
  • Conservar durante un ano todos os tíckets ou facturas de compra xustificativas da aplicación dos bonos.
  • Custodiar as claves de acceso á plataforma para evitar un uso indebido, e non facilitárllelas a outras persoas ou establecementos.

PRAZO
O prazo para os establecementos comerciais que queiran adherirse será desde o 13 de outubro de 2022 ata o 30 de novembro
de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN
Consulta a ORDE do 29 de setembro de 2022 ou Sede Electrónica da Xunta (CO301B)

2 comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *