EMEGA: LIÑAS EMPRENDE E CONCILIA

Fíxanse as bases reguladoras das axudas, mediante concorrencia competitiva, do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia.

O Progama Emega: Liñas emprende e concilia comprenden un conxunto de axudas, en réximen de concorrencia competitiva, dirixidas a apoiar a posta en marcha de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega: Liñas emprende e concilia as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2021 e o 12 de agosto de 2022, e manterse durante o período mínimo de permanencia da actividade e do mantemento dos postos de traballo (18 meses).

Os requisitos COMÚNS a todas as liñas de axuda:

  • Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituída baixo calquera forma xurídica.
  • Para estes efectos, teñen a categoría de microempresas as unidades económicas que ocupan menos de dez persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dous millóns de euros, e de pequena empresa, as unidades económicas que ocupan menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dez millóns de euros.
  • A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado. Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres, no caso de pequenas empresas, e integramente subscrito por elas cando se trate de microempresas, agás que a participación proveña de instrumentos de apoio financeiro á actividade emprendedora. Polo tanto, a participación destes instrumentos de apoio financeiro terase en conta, xunto coas achegas delas, para os efectos de verificar o cumprimento do requisito exixido neste artigo relativo á titularidade maioritaria ou, se é o caso, íntegra do capital social.
  • Excepcionalmente, no caso da liña ITEF, calquera que sexa o tamaño da empresa, admitirase a participación de persoas que colaboraron no desenvolvemento do proxecto de investigación base da iniciativa empresarial, sempre que a maioría do capital social sexa titularidade das mulleres emprendedoras e a administración da empresa a exerzan mulleres.
  • Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial en Galicia.
  • Todas as promotoras das empresas beneficiarias das axudas, con independencia do seu grao de participación no capital social da empresa, deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela. Para os efectos deste programa, non se terán en conta as autónomas colaboradoras.
  • Para os efectos deste programa, os postos de traballo por conta allea con contrato indefinido a tempo parcial só se terán en conta cando a xornada de traballo non sexa inferior ao 50 % da xornada ordinaria de traballo establecida legalmente ou no convenio colectivo que lle sexa de aplicación.
  • Así mesmo, os postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para a realización de traballos de carácter fixo descontinuo só se terán en conta cando a duración da actividade da traballadora non sexa inferior a dez meses nun período de doce meses.
  • Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral.
  • Para os ditos efectos, o inicio do exercicio efectivo da actividade económica acreditarase mediante a xustificación da alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios da AEAT, e o inicio da actividade laboral mediante a acreditación da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, na mutualidade de colexio profesional.
  • A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no Plan de negocio empresarial.
  • Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas na Lei de Subvencións de Galicia.
  • Non ter percibido axudas do programa Emega ao abeiro das convocatorias dos anos 2019, 2020 e 2021.

Requisitos da LIÑA EMPRENDE:

Poderán acollerse aos incentivos da liña Emprende as empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria, cumpran os seguintes requisitos específicos:

  • O inicio da actividade económica para a cal solicita a axuda ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2021 e o 12 de agosto de 2022.
  • Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
  • As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprila, como mínimo, o 50 % das promotoras.
  • Para estes efectos, entenderase por persoa desempregada aquela que careza de ocupación durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional.
  • A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2021 e o 12 de agosto de 2022.
  • No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
  • Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos 3 anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional da nova actividade para a cal se solicita a axuda, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional.
  • Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

CONTÍAS

LIÑA EMPRENDE

Nº POSTOS CREADOS estable para mulleresTOTAL por EMPRESA
1 (promotora)10.000 €
216.000 €
320.000 €
4 ou máis22.000 €

LIÑA CONCILIA

MODALIDADETOTAL  por EMPRESA
Concilia promotoras con filla/s ou fillo/s menores de 3 anos.3.000 €
Concilia persoas traballadoras por conta allea:
a) acordo ou pacto de conciliación para o persoal asalariado.
b) acordo de teletraballo (mínimo 2 xornadas a semana fora das dependencias da empresa).
máx. 5.000€
4.000€

1.000€ 

CRITERIOS DE VALORACIÓN COMÚNS

CRITERIOSPUNTOS
1EMPREGO FEMENINO XERADO1 posto de traballo para mulleres: 10 puntos.
2 postos de traballo para mulleres: 15 puntos.
3 postos de traballo para mulleres: 25 puntos.
4 postos de traballo para mulleres: 30 puntos.
5 e 10 postos de traballo para mulleres: 35 puntos.+10 postos de traballo para mulleres: 40 puntos.
2SECTORES MULLERES INFRAREPRESENTADAS10 puntos.
3INTEGRACIÓN LABORAL Discapacidade cun grao recoñecido = O > 33 %Mulleres vítimas de violencia de xénero; Mulleres -30 ou +45 anos no inicio da actividade Desempregadas de longa duración 3 puntos por cada una. Máx. 15 puntos.
4ACTIVIDAD EMPRESARIAL ADICADA A CONCILIACIÓN(servizos de atención e coidado de persoas dependentes a cargo)Máx. 5.000 habitantes: 10 puntos.5.001 a 10.000 habitantes: 9 puntos.10.001 a 15.000 habitantes: 8 puntos.15.001 a 20.000 habitantes: 7 puntos.+ 20.000 habitantes: 6 puntos.
5LOCALIZACIÓN DA ACTIVIDADE EMPRESARIALMáx. 5.000 habitantes: 10 puntos.5.001 a 10.000 habitantes: 9 puntos.10.001 a 15.000 habitantes: 8 puntos.15.001 a 20.000 habitantes: 7 puntos.20.001 a 40.000 habitantes: 6 puntos.+ 40.000 habitantes: 5 puntos.

COMPATIBILIDADES

O Programa Emega: Liñas emprende e concilia son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas de emprego e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como con outras axudas que para a mesma finalidade e concepto poidan outorgar outros departamentos da Xunta de Galicia ou outras administracións públicas ou entidades privadas.

Tamén son incompatibles coas subvencións á contratación por conta allea convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, outros departamentos da Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes para o programa Emega: liñas emprende e concilia remata o 12 de agosto de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información consulte a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 ou a Sede Electrónica da Xunta (SI429A).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *