AXUDAS A EMPRESAS DO PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o financiamento de actuacións en áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Estas axudas a empresas do Parque das Illas Atlánticas acollen aquelas que se atopen dentro do territorio dos concellos de Vigo, Bueu, Ribeira e Vilagarcía de Arousa

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas a empresas do Parque das Illas Atlánticas:

  • Entidades empresariais.
    • As empresas que teñan a consideración de PEME cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área, incluídas as empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego.
      • Entenderase por área de influencia a área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no Parque Nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
    • As persoas empresarias que teñan a condición de autónomas ou as comunidades de bens nos seguintes supostos:
      • Cando a súa residencia e actividade se localicen na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.
      • Cando residan na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e pretendan implantar a súa actividade nela.
      • Cando non residan na dita área de influencia socioeconómica pero veñan realizando no interior do Parque Nacional actividades produtivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario, sempre que tales actividades fosen especificamente reguladas nos instrumentos de planificación.
  • Persoas físicas: as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, ou titulares dunha concesión, e que estean ao día das súas obrigas derivadas da concesión, e as persoas propietarias dunha vivenda dentro do Parque Nacional.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

  • Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co Parque Nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, que conten con algún tipo de selo ou acreditación que declare a súa procedencia de prácticas compatibles coa conservación da biodiversidade. As actuacións subvencionables serán do tipo de: empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades fóra da tempada alta e outras semellantes.
  • Iniciativas privadas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional dos edificios que constitúen a primeira residencia das persoas propietarias, que teñen un uso directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario e que estean asociados á xestión da biodiversidade, á difusión ou ao uso público como adaptación de cubertas, arranxo de construcións anexas ou acadar as condicións exixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do Parque Nacional e que teñen unha antigüidade de máis de 50 anos, cuxo uso estea directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario ou constitúan a primeira residencia das súas persoas propietarias, ou sexan utilizados polas persoas titulares dunha concesión.
  • Iniciativas privadas orientadas á divulgación dos valores e da importancia dos parques nacionais entre amplos sectores da sociedade local.
  • Iniciativas privadas destinadas á formación da poboación local en tarefas relacionadas coa xestión dos parques nacionais e á conservación da biodiversidade en calquera das súas facetas, coa conservación dos valores naturais e culturais que xustificaron a súa declaración ou co uso sustentable dos recursos naturais renovables.
  • Iniciativas privadas ou iniciativas das universidades ou centros de formación, orientadas á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

Todas as accións, obras ou traballos deberán estar situados dentro do perímetro do Parque Nacional ou da zona de influencia socioeconómica, e terán prioridade as accións que se realicen dentro do perímetro do Parque sobre aquelas que estean fóra.

CONTÍA

Con estas axudas a empresas do parque das illas atlánticas, subvencionarase o 100 % do investimento subvencionable:

  • No caso de particulares ata un importe máximo de axuda de 75.000 € para centros especiais de emprego, e un máximo de 15.000 € no resto dos casos.
  • No caso de entidades empresariais, ata un importe máximo de axuda de 75.000 € no caso de empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego, e un máximo de 15.000 € no resto dos casos.


COMPATIBILIDADES

A axuda concedida no marco desta orde poderase sumar á proporcionada conforme outros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo e, en todo caso, de conformidade co disposto no Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xullo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 10 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 ou a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (MT821A).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *