BENEFICIARIOS
Persoas mozas de entre 16 e 30 anos das provincias de Pontevedra e Ourense, desempregados e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
ACTIVIDADES OFERTADAS
- 10 horas de tutorización individualizada: As persoas beneficiarias participarán nun itinerario de entrevistas individuais. A nivel individual traballarase segundo o perfil do participante e as súas necesidades, polo que se atenderá a mozas que se decantan polo autoemprego, pero tamén se focalizarán os esforzos cara ao traballo no plan de acción para a mellora da empregabilidade do beneficiario/a que desexa acceder ao mercado laboral por conta allea.
- 50 horas de formación: Terás a oportunidade de asistir a actividades formativas para a adquisición de coñecementos, ferramentas e habilidades necesarias para emprender. É a primeira toma de contacto co proxecto.
- Nas sesións deste curso trataranse temas como: o método Canvas, a metodoloxía Dessing Thinking (como innovar en proxectos empresariais), introdución ao plan de empresa, a estrutura organizativa, o investimento, o test de mercado e a estratexia de márketing.
- Prevese que a formación, na provincia de Prontevedra, se leve a cabo a partires do mes de setembro.
- 20 horas de asesoramento personalizado o mentoring: Conxuntamente co participante e co equipo de expertos, desenvolverase un plan de acción para mellorar a súa inserción laboral, ou se traballará no desenvolvemento da súa iniciativa emprendedora e a viabilidade do seu proxecto empresarial. A viabilidade será analizada nas seguintes variantes: técnica, comercial, económica, financeira e mesmo social do proxecto.
- Definiremos un plan específico de mentorización con expertos/ as en diversas materias que axudasen ao participante para avanzar no proxecto e traballar a posta en marcha da iniciativa empresarial.
PRAZO
O prazo de inscripción remata o 1 de novembro do 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar o programa premendo aquí.