CATEGORÍAS DE PREMIOS
- Dentro dos premios de innovación recóllense as seguintes categorías:
- Traxectoria Innovadora.
- Grande Empresa.
- Pequena e Mediana Empresa.
- Dentro dos premios de deseño inclúense as seguintes categorías:
- Profesionais.
- Empresa.
- Talento Emerxente.
BENEFICIARIOS
Poderán cursar candidatura aos Premios Galicia de Innovación e Deseño
- As persoas físicas nacidas en Galicia.
- As persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade
Dentro de cada modalidade estes deberán contar con seguintes requisitos:
- Premios Galicia de Innovación: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor da innovación empresarial.
- Modalidade «Traxectoria Innovadora»: empresarios/as e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
- Modalidade «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
- Modalidade «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
- Premios Galicia de Deseño: premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do deseño.
- Modalidade «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
- Modalidade «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
- Modalidade «Talento Emerxente»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
CONTÍA
Todos os premios dispoñerán dunha dotación económica de 15.000 €, menos nos casos relativos ao Premio Galicia de Innovación «Grande Empresa» e ao Premio Galicia de Deseño «Empresas», que terán un carácter estritamente honorífico.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 4 de xullo de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da III edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 ou a Sede Electrónica da Xunta (IN822E).