PROGRAMA DE ACELERACIÓN DO SECTOR DOS VIDEOXOGOS

As bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a selección de empresas e proxectos por parte da Agadic para a súa participación no desenvolvemento e execución do Polo de aceleración do sector de videoxogos, coa finalidade de incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector de videoxogos e contidos interactivos.

BENEFICIARIOS

O programa está dirixido a proxectos emprendedores polo que as beneficiarias deberán ser novas empresas, físicas ou xurídicas, con menos de 10 meses de existencia, desde o seu inicio de actividade en calquera dos ámbitos da cadea de valor da industria dos videoxogos e contidos interactivos, con sucursal ou oficina:

  • Permanente na CCAA de Galicia ou nun Estado membro da UE.
  • Que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
  • Que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar dentro da definición de peme.
  • Que realicen o seu traballo maioritariamente na CCAA de Galicia.
  • Que estean dadas de alta nas epígrafes 763, 355.2, 845 ou 899 do IAE.
  • Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa CCAA de Galicia e coa SS. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos na Lei de subvencións de Galicia.
  • Que cumpran a normativa de axudas de minimis .

ACTIVIDAD SUBVENCIONABLE

  • Aceleración intensiva, consistente en actuacións de consultoría tanto grupal como individual, accións de mentorización e workshops de innovación.
  • Accións de difusión, comunicación e presentación de proxectos.
  • Participación en eventos e actividades profesionais no ámbito nacional ou internacional.
  • Accións de consultoría de avaliación e resultado.

CONTIA

A contía máxima que recibirá cada empresa participante será de 14.500 €.

Os créditos que figuran na seguinte relación son os custos máximos admisibles para cada unha das actividades previstas, concretamernte o prezo unitario:

  • CONSULTORÍA INDIVIDUAL
  • CONSULTORÍA GRUPAL
  • MENTORIZACIÓN
  • ACCIÓNS IVG
  • PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
  • MOBILIDADE INTERNACIONAL
  • CONSULTORÍA DE SEGUIMENTO
  • CAMPAÑAS DE DIFUSIÓN

700 euros.
175 euros.
100 euros.
5.000 euros.
100 euros.
4.000 euros.
100 euros.
4.000 euros.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xuño de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a selección de empresas e proxectos, en réxime de concorrencia competitiva, que participarán no programa do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, financiado ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, ou acudir á Sede Electrónica da Xunta (CT207J).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *