Nestas axudas diferéncianse 3 ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto que se vaia poñer en marcha nas empresas beneficiarias:
- Deseño de produto.
- Deseño de servizos/experiencias.
- Deseño de marca e identidade corporativa.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas,, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.
Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Serán actividades subvencionables aquelas incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade, que deberá reunir, como mínimo, as seguintes características:
- Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.
- As fases, coas súas actividades correspondentes, incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade relativas a cada un dos ámbitos de deseño obxecto desta convocatoria, deben implicar o desenvolvemento das opcións desagregadas, tal e como se describe a continuación:
- Deseño de produto.
- Deseño de servizos e experiencias.
- Deseño de marca e identidade corporativa.
- Para isto, as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:
- Fase I: análise, estratexia e conceptualización.
- Fase II: deseño de detalle e desenvolvemento.
- Fase III: preindustrialización.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Os gastos subvencionables son os seguintes:
- Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.
- Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño para a innovación
- Custos de servizos de apoio en materia de deseño para a innovación.
- Custos de activos materiais e inmateriais exclusivamente ligados ao proxecto, que permitan consolidar a implantación das actividades de deseño na empresa.
- Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas
CUSTOS DE PERSOAL
Para cada empresa, o custo de persoal propio será como máximo o 50 % do custo subvencionable
OFERTAS
Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 €, o beneficiario deberá solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
CONTÍA
A contía máxima da axuda que pode ser concedida para cada proxecto de deseño determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario e será con 10.000 € a 200.000 € de investimento, outorgaranse de 5.000 € ata 100.000 € de subvención.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 23 de maio de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ao deseño para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 ou a Sede electrónica da Xunta (N848E)