PROGRAMA TALENTO 30

Subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego ás persoas menores de 30 anos, facilitando así a inserción laboral das persoas mozas en Galicia, e dotándoas de competencias para o emprego.

LIÑAS DE AXUDA

  • Liña 1. Programa Talento 30 en prácticas. Programa de incentivos á contratación para a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos das persoas menores de 30 anos.
  • Liña 2. Programa Talento 30 formación en alternancia. Programa de incentivos para contratos de formación en alternancia de persoas menores de 30 anos sen cualificación profesion

BENEFICIARIOS

Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos:

  • As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten
  • As persoas autónomas
  • As sociedades civís
  • As comunidades de bens

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS

As persoas mozas contratadas deberán ser menores de 30 anos no momento da súa contratación, e deberán cumprir os seguintes requisitos:

Liña 1. Programa Talento 30 en prácticas.

  1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e no día anterior á data de inicio de contrato.
  3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
    1. Título universitario:
      1. Grao universitario.
      2. Máster universitario.
      3. Doutoramento.
    2. Título de grao medio ou superior.
    3. Especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional.
    4. Título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral.
  4. Que non transcorresen máis de 3 anos dende a obtención da titulación requerida, ou 5 anos nbo caso de persoas con discapacidade. 

Liña 2. Programa Talento 30 formación en alternancia.

  1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e no día anterior á data de inicio de contrato.

A persoa moza carecerá da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención da práctica profesional. Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivesen outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo.

CONTRATOS

A modalidade dos contratos que se subvencionarán seran: 

  1. Contrato de formación en alternancia: contrato celebrado con persoas menores de 30 anos, que carezan da cualificación profesional requirida para concertar un contrato formativo para a obtención da práctica profesional. Terá por obxecto compatibilizar a actividade laboral retribuída cos correspondentes procesos formativos no ámbito da formación profesional, os estudos universitarios ou o catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego
  2. Contrato de formación para a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos: contrato celebrado con persoas menores de 30 anos, que estiveran en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento) ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral. O posto de traballo deberá permitir a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos ou de formación cursados. 

Estes contratos deben cumplir cos seguintes requisitos:

  1. Ser en réxime de xornada completa 
  2. Que o período mínimo de vixencia sexa de 12 meses.

CONTÍA DAS AXUDAS

  • 20.225 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.
  • 16.900 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.
  • 13.575 € para as persoas mozas contratadas no grupos de cotización 8 a 11: 9.975 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

A contía da subvención toma como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.
O salario que percibirán as persoas mozas contratadas será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto subvencionado.

INCOMPATIBILIDADES

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas.

Así mesmo, quedan excluídas da presente convocatoria as seguintes relacións laborais:

  1. As relacións laborais de carácter especial Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadoras ou traballadores para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.
  2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela.
  3. As novas contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos últimos 6 meses prestaran servizos na mesma empresa ou grupo de empresas ou empresas de carácter vinculado, mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de remuda ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios.
  4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2022, ou ata esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases na ORDE do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, programa Talento 30 ou na Sede Electrónica da Xunta (TR353C).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *