AXUDAS PARA O EMPRENDEMENTO DE MOZOS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

O obxecto destas bases reguladoras é establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases para a concesión de subvencións en concepto de axudas dirixidas ao fomento do emprendemento de mozos, dun e outro sexo, de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos que non teñan ningunha ocupación laboral nin se atopen estudando, inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.


BENEFICIARIOS

Poderán ter a condición de beneficiario ou beneficiaria das correspondentes convocatorias, nos termos que as mesmas establezan, e sempre que cumpran cos requisitos e condicións esixidos en cada caso.

  • Os emprendedores e emprendedoras que vaian exercer a actividade como persoas físicas.
  • Os emprendedores e emprendedoras que inicien a actividade e se configúren en persoas xurídicas, sempre que:
    • Constitúan unha sociedade dos seguintes tipos: Sociedade Limitada de Nova Empresa, Comunidade de Bens, Sociedade de Responsabilidade Limitada, Sociedade Limitada de Formación sucesiva.
    • Sexan Administradores e posúan polo menos o 51 % do capital social da entidade creada.
  • A partir da súa constitución, o beneficiario ou a beneficiaria da subvención será a entidade xurídica.

En todos os casos, os requisitos para cumprir son:

  • Estar rexistrados no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e ser beneficiario ou beneficiaria, no momento de solicitar a subvención con Fundación EOI. O proceso de inscrición poderase solicitar, de acordo co establecido no artigo 98 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, ben de forma telemática a través da sede do Ministerio de Traballo e Economía Social, ben de forma non telemática para as excepcións contempladas no citado artigo. A información así como o procedemento para darse de alta no ficheiro, no caso de que non estivesen xa rexistrados, pódese atopar na seguinte ligazón: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesojovenes.html
  • Non iniciar a actividade con anterioridade á solicitude da subvención.
  • Atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. Así mesmo, os beneficiarios ou as beneficiarias deberán cumprir co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, no referente aos requisitos para obter a condición de beneficiario ou beneficiaria.

Os emprendedores e emprendedoras serán novas, dun e outro sexo, de máis de dezaseis anos e menores de trinta, que cumpran cos requisitos recolleitos na Lei 18/2014, do 15 de outubro, para beneficiarse dunha acción derivada do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A convocatoria de subvencións regulará o ámbito xeográfico de aplicación desta axuda.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Considéranse gastos subvencionables, sempre que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto empresarial, os gastos derivados da posta en marcha dun novo proxecto empresarial realizados durante os seis meses primeiros de actividade, que estean vinculados á mesma e que poderán ser os descritos ou análogos:

  • Gastos correspondentes ao pago de canons de entrada por franquía.
  • Colaboracións externas / asesorías.
  • Programas formativos.
  • Programas de aceleración empresarial.
  • Misións comerciais, participación en feiras.
  • Deseño da imaxe corporativa.
  • Deseño e elaboración de páxinas web ou portais corporativos virtuais.
  • Posicionamento web.
  • Deseño e elaboración de catálogos de produtos e/ou servizos.
  • Desenvolvemento de prototipos de I+D (pode incluír material e funxibles necesarios para a construción e posta a punto de prototipos).
  • Investimentos en patentes e modelos de utilidade. Taxa de solicitude de rexistro de marca ou nome comercial a nivel nacional na OEPM. (Só primeira marca e unha clase). Deberá achegar impreso oficial de solicitude de rexistro de marca ou nome comercial.
  • Gastos de constitución da sociedade.
  • Certificación de sistemas de xestión e produtos: calidade, ambiental, I+D+i, seguridade.
  • Adaptación e implantación da normativa de protección de datos persoais (LOPD) e adaptación do sitio web á lei de servizos da sociedade a información e comercio electrónico ( LSSICE).
  • En ningún caso o coste de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

CONTÍA

A Fundación EOI achegará unha axuda baixo a modalidade de subvención ata un máximo de tres mil euros (3.000,00 €) por beneficiario ou beneficiaria para a cobertura da actividade económica realizada nos 6 meses seguintes desde o inicio formal da actividade de emprendemento. Esta cantidade non poderá superar o 75 % do importe dos gastos subvencionables.

O pago da subvención realízase previa xustificación, á finalización do período subvencionable, polo beneficiario ou a beneficiaria da realización da actividade obxecto da axuda nos termos previsto no artigo 6 da presente orde..

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 4 de abril de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE da Resolución do 1 de Marzo de 2022, da Dirección Xeral da Fundación de EOI, F.S.P., pola que se convoca a concesión de axudas dirixidas ao fomento do emprendemento de mozos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *