2ª EDICIÓN DO PROGRAMA TURISLAB

O emprendemento innovador poderá optar á segunda edición deste programa de formación e mentorización do Goberno galego, que se desenvolverá entre abril e decembro Ademais, o programa volverá repartir 80.000 euros en premios directos para as iniciativas máis destacadas Como novidades desta nova convocatoria amplíase o período de actividade previa das startups candidatas ata os 2 anos e súmanse unha nova categoría, Turismo de Litoral

BENEFICIARIOS

Poderán participar neste Programa os emprendedores e/ou empresas con personalidade física ou xurídica, cuxa actividade principal estea relacionada co sector da industria turística e que estean ou poidan estar a desenvolver un proxecto de innovación turística vinculada coa comunidade autónoma de Galicia..

  • No caso de emprendedores, estes deberán presentar unha idea de negocio ou proxecto de empresa de carácter innovador relacionado co sector turístico.
  • No caso de empresas – xa sean estas persoas físicas ou xurídicas – deberán estar legalmente constituídas en Galicia e NON ter unha antigüidade superior a dous (2) anos de actividade no momento de cubrir a solicitude de participación.

O perfil requirido nos proxectos é o seguinte:

  • Proxectos Innovadores.
  • De alto impacto na Sociedade.
  • Enfocados no sector do Turismo.
  • Constituídos na Comunidade galega.

CATEGORÍAS DE PROXECTOS

As categorías serán as seguintes:

  • TRAVEL TECH, proxectos tecnolóxicos no campo da tecnoloxía de viaxes.
  • INFRASTRUCTURE TRACK, proxectos que fagan máis accesible o turismo especializado, e que tamén popularicen e creen infraestruturas para iso.
  • CAMINO DE SANTIAGO, proxectos que fortalezan, diversifiquen, amplíen a oferta ou potencien o eixo de entrada do Turismo en Galicia.
  • SOCIAL TECH, proxectos de negocios socialmente relevantes no campo das viaxes e o turismo.
  • SOSTIBILIDADE, proxectos cun impacto positivo no desenvolvemento sostible.
  • GASTRO TECH, proxectos 360, do mundo gastronómico, que adxunten produtos locais, restauración, cultura e turismo.
  • TURISMO DE LITORAL, proxectos do sector turístico relacionados co Turismo Náutico e o mar.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

Esta Segunda Convocatoria será desenvolvida por GALICIA TURISTIC SL en colaboración continua coa Axencia de Turismo de Galicia, ao redor dunha convocatoria que consta de 4 fases:

  • Fase 1.- Convocatoria e Selección dos proxectos
  • Fase 2.- Pre-Academia
  • Fase 3.- Academia
  • Fase 4.- Investor Day e Demo Day Final

PREMIOS

  • 1º Premio. – 40.000 € + PROMOCIÓN*
  • 2º Premio. – 20.000 € + PROMOCIÓN*
  • 3º Premio.- 15.000 € + PROMOCIÓN*
  • Recoñecemento ao Emprendedor. – 5.000 € (A elección da Dirección)

*Participación en EVENTOS ou FERIAS do Sector da man da AXENCIA GALEGA de TURISMO

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 22 de marzo de 2022 ás 11:59 a.m.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases da convocatoria ou acudir directamente á inscripción premendo aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *