INNOCÁMARAS 2022

O Programa ten por obxecto impulsar a innovación, como ferramenta competitiva clave nas empresas da nosa demarcación cameral. Estimular o investimento empresarial en I+D+i, mediante o fomento de execución de proxectos para o desenvolvemento de novos produtos/servizos, para a mellora de procesos produtivos, plans estratéxicos de márketing, innovación en xestión empresarial, sustentabilidade, propiedade industrial, etc.

TIPOS DE AXUDA

  • Servizos de apoio para a innovación das peme.
    • Fase I: Asesoramento á PEME
    • Fase II: Seguimento da implantación
  • Axudas económicas á innovación para as peme.

BENEFICIARIOS

As condicións imprescindibles para ser beneficiario do programa de axudas son:

  • Ser unha Peme, segundo a definición recollida no anexo 1 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 20141 ou autónomo.
  • Estar dada de alta no Censo IAE. Independentemente dos epígrafes do IAE nos que estean dadas de alta, quedan exceptuadas aquelas empresas que operen nos sectores da pesca, a acuicultura, o carbón e a produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do Anexo I do TFUE.
  • Non atoparse incursa en ningunha das prohibicións a que fai referencia o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, ou normativa aplicable na materia propia da Comunidade Autónoma correspondente.
  • Ter o seu domicilio social e/ou centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa No caso de que unha empresa posúa varias sedes, centros produtivos, delegacións, sucursais, etc., o centro destinatario e directamente beneficiario do Programa ha de estar situado nalgún dos municipios anteriormente citados.
  • Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
  • Cumprir a norma de minimis, segundo o disposto no Regulamento UE Nº1407/2013, da Comisión, de 18.12.2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOL 352 de 24.12.2013) (a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non será superior a 200.000 euros ou 100.000 euros no caso das empresas que operen no sector transporte por estrada, durante calquera período de tres exercicios fiscais).
  • Posuír intención de mellorar a súa competitividade a través da incorporación da innovación na súa empresa a través do asesoramento previo realizado e estar disposta a cumprir as condicións do Programa InnoCámaras.
  • Non resultar beneficiaria da Fase II do programa en anteriores anualidades, con posterioridade ao 31/12/2015.
  • Poderán optar directamente á Fase II aquelas Pemes e autónomos que:
    • Xustificasen documentalmente a súa participación previa na Fase I do Programa, na presente convocatoria ou dentro da anualidade anterior á mesma (e que non fosen beneficiarias de Fase II), ou
    • Acrediten participar no último ano nun programa similar de asesoramento na incorporación da innovación nas PEME, de organismos de promoción da innovación das CC. AA., Cámaras de Comercio ou outros organismos públicos rexionais ou locais, sempre que cumpran os requisitos do anexo á presente convocatoria.
  • Cumprir cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación en relación a obrigación que lle impón o art 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
    • Cumprir a totalidade dos requisitos esixidos na presente convocatoria. Os extremos enumerados anteriormente acreditaranse mediante a achega da seguinte documentación:
    • Declaración responsable do cumprimento das condicións de participación e de axudas (segundo Anexo II desta convocatoria)
    • DNI do solicitante (en caso de persoa física) ou DNI do asinante da solicitude con poderes suficientes (en caso de persoa xurídica.
    • No caso de persoas xurídicas:
      • Poder de representación da persoa que presenta a solicitude (a persoa asinante deberá ter a condición de representante legal da empresa).
      • Tarxeta de Identificación Fiscal da empresa.
      • Certificados de estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, solicitados coa modalidade da lei de subvencións

GASTO SUBVENCIONABLE

  • INNOVACIÓN EN PRODUTO
    • Consultoría e estudos de viabilidade técnica/económica en novos produtos / servizos ou estudos de posibles melloras ao actuais
    • Deseño e desenvolvemento de produto/servizo ou introdución de melloras significativas aos produtos/servizos actuais
  • INNOVACIÓN DE PROCESOS
    • Auditoría/consultoría en organización da produción
    • Auditoría para a mellora da sustentabilidade ambiental de procesos
    • Incremento da sustentabilidade ambiental de procesos
    • Estudos de viabilidade técnica/económica
    • Deseño e desenvolvemento de procesos
  • INNOVACIÓN DE COMERCIALIZACIÓN
    • Plans Estratéxicos de Marketing e/ou Comercialización
    • Novas ferramentas de Marketing e/ou Comercialización
    • Imaxe Gráfica/Corporativa da empresa e/ou dos seus novos ou mellorados produtos/servizos
    • Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes novos ou substancialmente mellorados
  • INNOVACIÓN EN XESTIÓN EMPRESARIAL
    • Planificación Estratéxica
    • Auditoría/consultoría en organización, administración e recursos humanos
    • Implantación de Sistemáticas e metodoloxías de Xestión
    • Plan de Responsabilidade Social Empresarial
    • Definición e Implantación de Plans de Movilidad Sostible
    • Protección da Propiedade Intelectual/Industrial
    • Preparación e tramitación de axudas á I+D+i

CONTÍA

  • Servizos de apoio para a innovación das peme: Terá carácter gratuíto para as empresas.
  • Axudas económicas á innovación para as peme: A porcentaxe máxima de axuda a a percibir por cada empresa será do 80% do investimento realizado sobre un custo máximo elegible de 7.000 €, polo que a contía máxima da axuda será de 5.600 euros

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de marzo de 2022 ás 14:00 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes acceder á web da Cámara de Comercio premendo aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *