LIÑAS DE AXUDA
O Programa materialízase a través das seguintes accións de apoio directo:
- Diagnóstico Asistido en Sustentabilidade, que permitirá á Peme analizar o seu nivel de desenvolvemento sostible e as súas posibilidades de mellora mediante o estudo da súa pegada de carbono, do uso eficiente da enerxía, do desenvolvemento do modelo de economía circular, e da implementación dos ODS.
- Axudas económicas para a implantación das solucións e melloras detectadas que se detallarán no Plan Personalizado de Implantación. Este Plan recollerá as características dos proxectos para implantar, os provedores seleccionados libremente pola empresa para acometer os mesmos e o financiamento comprometido. Para cada proxecto definiranse os conceptos e custos elegibles, así como os prazos de execución e xustificación do investimento realizado.
BENEFICIARIOS
Serán beneficiarios deste programa as pemes, micropemes e persoas rexistradas no RETA da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.
Requisitos:
- Ser unha Peme.
- Estar dada de alta no Censo IAE. Independentemente dos epígrafes do IAE nos que estean dadas de alta, quedan exceptuadas aquelas empresas que operen nos sectores da pesca, a acuicultura, o carbón e a produción primaria dos produtos agrícolas.
- Non atoparse incursa en ningunha das prohibicións da Lei de Subvencións.
- Ter o seu domicilio social e/ou centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
- No caso de que unha empresa posúa varias sedes, centros produtivos, delegacións, sucursais, etc. o centro destinatario e directamente beneficiario ha de estar situado nalgún dos municipios anteriormente citados.
- Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Cumprir a norma de minimis. A axuda total de minimis concedida a unha única empresa non será superior a 200.000 € ou 100.000 € no caso das empresas que operen no sector transporte por estrada, durante calquera período de tres exercicios fiscais.
- Posuír intención de mellorar a súa competitividade a través da aplicación das medidas de sustentabilidade que se determinen a través do diagnóstico practicado e estar disposta a cumprir as condicións do Programa.
- Non resultar beneficiaria da Fase II do programa en anteriores anualidades.
- Poderán optar directamente á Fase II aquelas Pemes e autónomos que:
- Xustificasen documentalmente a súa participación previa na Fase I do Programa, na presente convocatoria ou dentro da anualidade anterior á mesma (e que non fosen beneficiarias de Fase II.
- Acrediten participar na anualidade anterior nun programa similar de asesoramento en materia de sustentabilidade de organismos de Promoción das Comunidades Autónomas, de organismos públicos nacionais, rexionais ou locais ou de Cámaras de Comercio, sempre que cumpran os requisitos do anexo á presente convocatoria.
- Cumprir cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación en relación a obrigación que lle impón o art 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
- Cumprir a totalidade dos requisitos esixidos na presente convocatoria.
GASTO SUBVENCIONABLE E CONTÍA
Terán a consideración de gasto subvencionable aqueles gastos asociados a la ejecución del Plan por los asesores o proveedores libremente seleccionados por la empresa beneficiaria, según el Plan de Implantación definido en el marco del Programa e principalmente:
- PROXECTOS CONSULTIVOS
- Auditoría Técnica de Seguridade
- Adaptación a RGPD
- Auditoría Web e Cumprimento LSSI-CE
- Plan de Continxencia e Continuidade
- Análisis de Vulnerabilidades
- Obtención certificación ISO 27001
- XESTIÓN DE ACCESO E IDENTIDADE
- Sistema de control de acceso
- Autenticación Multifactor
- Sistema de Centralización de Certificados
- PROTECCIÓN NO POSTO DE TRABALLO
- Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI)
- Solución Antimalware
- Seguridade de Correo Electrónico
- SEGURIDADE EN APLICACIONS E DATOS
- Control de Aplicaciónss (Whitelisting)
- Copias de Seguridade
- Encriptación de datos
- SEGURIDAD NAS REDES
- Xestión Centralizada de Dispositivos
- Hardware Firewall
- Plataforma de Monitorización de Redes
- Sistema SIEM (Security Information and Event Management)
- Red VPN (Acceso remoto seguro)
Os servizos dos que dispoñe a empresa para a implantación da seguridade son os seguintes:
- Fase I – Diagnóstico Asistido en Sostenibilidade.
- Fase II – Seguimiento da Implantación.
Para a Fase I, a contía máxima da axuda a percibir por cada empresa beneficiaria será de 5.600€.
Mentres que para a Fase II, a contía máxima da axuda a percibir por cada empresa beneficiaria será de 7.000€.
PRAZO
O prazo máximo para presentación de solicitudes remata o 18 de marzo de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar as bases desta convocatoria premendo aquí.