PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán resultar beneficiarias destas axudas as persoas físicas e as persoas xurídicas, así como as comunidades de bens ou sociedades civís, ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituidas, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
- Desenvolver unha actividade económica en situación de alta no Imposto de Actividades Económicas agás aquelas actividades incluídas no epígrafe CNAE 9200. Actividades de xogos de azar e apostas.
- Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, ou na Mutua profesional correspondente e na Axencia Estatal Tributaria no momento da presentación da solicitude.
- Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa física (traballador autónomo) ou unha pequena empresa de ata 10 persoas empregadas.
- Ter, no exercicio 2019, unha facturación anual para os efectos do IVE inferior a un millón de euros.
Cando o solicitante non levara de alta, no ano 2019, os 12 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo de xeito proporcional en función do período de actividade.
- Que a actividade económica se exerza no Concello de Fornelos de Montes. Enténdese que a actividade se exerce no Concello de Fornelos de Montes cando o seu domicilio social e fiscal estea situado no termo municipal.
- Que a actividade económica desenvolvida resultase afectada polo peche obrigatorio durante o ano 2020 e/ou 2021 debido as medidas restritivas de protección fronte a Covid-19, tanto de ámbito estatal como autonómico.
Tamén poderán beneficiarse aquelas persoas ou entidades cuxa actividade, non afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sufrira unha reducción de facturación superior ao 50%, con relación á media do ano 2019.
No caso de non poder realizarse a comparativa por tratarse dunha empresa creada no ano 2020, terase en conta o anterior trimestre do ano 2020, ou aquel de maior facturación ós efectos de acreditar este extremo.
No caso de ser unha empresa creada no ano 2021, a comparativa será entre o mes de maior e o de menor facturación do ano 2021.
- Non poderán obter a condición de beneficiarios os autónomos que ademais traballen por conta allea, nin as persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
En particular, deben estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social, coa ATRIGA, coa Deputación de Pontevedra e co Concello de Fornelos de Montes no momento de presentación da solicitude e ata a data de pago da subvención.
Non terán a condición de beneficiarios as persoas ou entidades que teñan subvencións pendentes de xustificación co Concello de Fornelos de Montes, unha vez transcorrido o prazo para elo.
- Que dispoña de autorización municipal para o exercicio da actividade.
GASTO SUBVENCIONABLE
Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes gastos relacionados coa actividade da empresa ou autónomo realizados e efectivamente pagados entre o 14 de marzo de 2020 e o 21 de outubro de 2021:
- Gastos de aluguer, tanto de bens mobles como inmobles.
- Gastos de subministro de electricidade, gas e teléfono, correspondentes ao local onde se exerza a actividade.
- Gastos de seguros de responsabilidade civil e seguros de accidentes vinculados co exercicio da actividade económica.
- Compra de mercadorías relacionadas coa actividade.
- Gastos de cotas de autónomos.
- Gastos derivados dos salarios do persoal contratado por conta allea, excluídas as retencións.
- Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade.
- Mantemento de comunicacións: teléfono, internet, correos, mensaxaría.
So serán subvencionables os gastos que respondan de xeito indubidable á natureza da axuda e que ademais estean efectivamente pagados no momento da presentación da solicitude da subvención.
PRAZO
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 23 de decembro de 2021.
MÁIS INFORMACIÓN.
Para máis información podes consultar a páxina web da Deputación ou a páxina web do concello pra descargar o formulario de solicitude.