BENEFICIARIOS
Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres empadroadas na provincia de Pontevedra polo menos dende o 1 de xaneiro de 2021.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Considerarase gasto subvencionable os gastos de matrícula dos títulos oficiais de adestradora ou adestrador ou de técnica ou técnico das diferentes federacións ou dos estudos oficiais de réxime especial dos ensinos deportivos iniciados en 2021 (o período lectivo poderá ser en 2021 ou en 2021/2022).
O importe máximo das axudas será de 500 euros.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de decembro de 2021
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a páxina web da Deputación.