Programa +45

Programa gratuito (Financiado polo FSE e a Cámara de Comercio) no que se deseña un itinerario formativo á medida coa finalidade de favorecer as posibilidades de inserción laboral.

BENEFICIARIOS

Persoas entre 45 e 60 anos de idade desempregadas ou inactivas laboralmente.

FUNCIONAMENTO

Para solicitar a incorporación neste programa é necesario acudir a unha sede da Cámara onde un equipo de profesionais (especializados en materia de emprego e formación) realizará un acompañamento activo ao longo de todo o proceso, que consta de 3 fases: 

  • FASE I: Orientación
  • FASE II: Formación en Competencias Dixitais
  • FASE III: Intermediación laboral

COMPETENCIAS DIXITAIS ADQUIRIDAS

  • Alfabetización dixital, coa procura da información dixital, organización e almacenamento.
  • Comunicación e colaboración, compartindo recursos para crear posteriormente contidos dixitais.
  • Creación de contidos dixitais, tendo en conta principios de programación informática, creación de contidos dixitais.
  • Seguridade, utilizando a tecnoloxía e a información dixital para a elaboración de datos de maneira segura.
  • Resolución de problemas, segundo as necesidades tecnolóxicas de cada perfil.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a Páxina web da Cámara.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *