O 16 de febreiro celebrarase a terceira edición de Galicia Market Place, unha aposta para reflexionar sobre innovación no sector agro-mar-alimentario galego e implementar o valor da marca Galicia.
A xornada contará cun amplo programa de actividades e celebrarase na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Avenida de García Barbón, 62 Vigo.
Galicia Market Place é de novo nesta terceira edición un espazo para as emprendedoras emprendedores que apostan innovando no sector agrogandeiro, martírimo e alimentario galego.
A xornada arrincará ás 9:00, hora desde a que haberá un espazo-escaparate para a presentación de produtos artesáns e gourmet da man de dez empresas do sector agrogandeiro, marítimo e alimentario.
Tamén desde as 9 horas sucederanse as actividades e encontros con emprendedores e empresarios. Na primeira das mesas tratarase a globalización do sector, dos máis tradicionais aos máis recientes.
A segundas das mesas versará sobre o valor da marca e o poder do marketing nos canais de distribución.
Na terceira mesa redonda da xornada, será o tempo para abordar a cooperación para a incrementación do valor, xunto á transformación e diversificación do sector,