Xa está en vigor a lei 11/2021 do 9 de xullo.
No BOE do 10/07/2021 publicouse a lei 11/2021 de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, que modifica diversas normas anteriores, principalmente en materia tributaria, cunha finalidade dobre:
– Por unha banda, para proceder á incorporación do Dereito da Unión Europea ao ordenamento interno no ámbito das prácticas de elusión fiscal.
– Por outra, para introducir cambios na regulación dirixidos a asentar uns parámetros de xustiza tributaria e facilitar as actuacións tendentes a previr e loitar contra a fraude reforzando o control tributario.
Que sacamos dela? En que afecta ás empresas e aos particulares?
Porque acota moito mais o límite aos pagos en efectivo. Hai tempo que se escoita falar da intención de que desapareza o pago en man e este é o primeiro paso, diminuíndo o límite xeral de pagos de 2.500 €, que estaba establecido ata agora, ata os 1.000 euros.
Desta maneira, calquera pago dun consumidor a un empreario ou porfesional, que sexa superior a esta cantidade deberá facerse por outros medios que permitan identificar a operación, como transferencia bancaria ou tarxeta.
Así mesmo, este límite é por operación, o que significa que, se a factura da operación completa supera os 1.000 euros, aída que se fraccione o pago, non se poderá pagar nada en efectivo. Por exemplo, se a factura fose de 1.200 euros, non podería pagarse 600 euros en efectivo e o resto, con tarxeta.
De igual maneira, establece tamén un límite para as operacións en efeectivo entre particulares, que neste caso é de 2.500 euros.
Ademais, diminúese o límite de pago en efectivo a 10.000 euros no suposto das persoas físicas particulares con domicilio fiscal fora de España. Esta cifra é o suficientemente elevada para que non afecte o euro como moeda en curso legal pero si que dificulta o branqueamento de capitais por parte de criminais.
E tí, qué opinas sobre a intención do Goberno de chegar á “desaparición definitiva” dos pagos en efectivo?