Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
A finalidade destes premios é dar prestixio á artesanía, presentándoa nunha contorna de calidade e excelencia; recoñecer os méritos daqueles profesionais e empresas artesás que destaquen pola súa creatividade, responsabilidade social e ambiental, adaptación ao mercado e capacidade de innovación, conservando ao mesmo tempo as características específicas que as definen como tales.
Os premios buscan distinguir proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores e actuacións que recoñezan o traballo e o papel das mulleres no medio rural e en zonas pesqueiras rurais, así como promover a incorporación e inserción laboral das mulleres no territorio.
Programa de emprego e autoemprego co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade das persoias mozas de menos de 30 anos que se atopen na procura de emprego e non estén en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta allea ou propia.
Esta orde ten por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia, así como otorgar un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.
O obxecto desta resolución é aprobar a convocatoria correspondente ao ano 2022 dos Premios Nacionais Industria Conectada 4.0, en dúas modalidades:
Premio Nacional Industria Conectada 4.0 á Gran Empresa Industrial.
Premio Nacional Industria Conectada 4.0 á Pequena e Mediana Empresa Industrial.