FRANQUIATLÁNTICO & FORO EMPLEO NA ERA DIXITAL

A Mancomunidade de Vigo colabora na difusión de Franquiatlántico & Foro Empleo na Era Dixital, que celebrará a súa XX edición o 29 febreiro na nova sede, Afundación VIGO ubicada na rúa Policarpo Sanz 26.

Franquiatlántico consolídase como unha das feiras máis importantes a nivel nacional na que se reúnen as franquías máis importantes do sector económico procedentes de todo o territorio español; polo que se trata dunha das vías máis útiles de estar ao tanto das últimas novidades e de contactar e obter información destas compañías de grande relevancia.

Con motivo desta situación provocada pola COVID e as restricións; este é o primeiro ano no que o evento realizarase de xeito telemático a través dunha plataforma dixital, coa oportunidade de interactuar e explorar nun só click a oferta existente de franquías e oportunidades de negocio na súa ampla gama de expositores.

Franquiatlántico é un espazo aberto a unha xeración de novas oportunidades de negocio, no cal de xeito dixital, participarán franquías do sector económico, asociacións, institucións, entidades bancarias, etc, presentando as súas novidades de negocio, axudas e asesoramento.

Para obter máis información deixámosvos a seguinte ligazón: feriafranquiciasonline

A entrada ao evento é gratuíta, pero ademais se te inscribes, solicitando a túa invitación, poderás recibir información de todas as novidades:

https://www.franquiatlantico.com/solicitar-invitacion

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *