Outorgarase unha subvención dun 80 % da actividade para subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria mediante dúas liñas de actuación.
Onde presentar a solicitude?
De forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
www.sede.xunta.gal
A quen vai dirixido?
Se es autónomo, tes unha sociedade ou comunidade de bens con domicilio en Galicia aínda estás a tempo de ser beneficiario do bono.
Prazo de presentación
O prazo está aberto para a presentación de solicitudes ata o 03/03/2020
Liña 1, mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
• Investigación de mercado.
• Plan de márketing.
• Plan de comunicación do negocio.
• Plan estratéxico do negocio.
• Plan de crecemento : constitución dunha sociedade.
• Plan de reorientación do negocio.
• Plan de uso de novas tecnoloxías no negocio.
• Plan de refinanciamento.
Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
• Compra da Maquinaria.
• Compra do utillaje e das ferramentas
• Reforma do local do negocio.
• Equipos informáticos.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas e páxinas web.
• Creación do logotipo do negocio.
• Mobiliario.