Aberto o plazo para participar

A incubadora  High Tech Auto é unha  Iniciativa gratuita promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e pola Xunta de Galicia a través do Instituto  Galego de Promoción Económica 

Unha incubadora de empresas proporciona un espazo ou ambiente físico no que os emprendedores poden desenvolver as súas iniciativas empresariais e acceder a ferramentas, recursos, contactos, capacitacións e relacións que necesitan para crecer e desenvolver a súa  capacidade de xestión no mercado local, nacional e internacional, catapultando iniciativas mediante a xeración dunha nova perspectiva e actitude empresarial, vista desde o punto de vista da innovación.

A  HTA de  Galicia é un  programa aberto a iniciativas emprendedoras de caracter innovador vinculados co sector da automoción, co obxectivo de favorecer a  pre-incubación incubación e post incubación de ideas e proxectos tecnolóxicos en fase semente ou incipiente e validar as ideas/tecnoloxías para construír posteriormente un modelo de negocio innovador arredor dela.duración deste proxecto sera de 12 meses e a posibilidade de prorrogar outros 12 meses.

Servizos do  HTA:

Servizos de apoio para construír os seus modelos de negocio, espazos para a incubación e un laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción.

Que ofrece esta iniciativa aos proxectos seleccionados

  • Talleres de fomento da innovación
  • Programa de internacionalización
  • Acceso a financiamento
  • Programas  networking
  • Acceso aos espazos físicos da incubadora
  • Formación e  mentorización
  • Laboratorio de fabricación

Todo elo de forma totalmente práctica e de balde

!presenta o teu proxecto/candidatura antes do 14 de febreiro de 2020!

para mais informacion visita https://htauto.gal/actualidad/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *