A tecnoloxía avanza á velocidade da luz e con ela segue evolucionando a maneira de facer Marketing, para iso é esencial que nos manteñamos informados das últimas tendencias para marcar a nosa axenda o vindeiro ano e ir creando contidos orixinais e optimizando os nosos recursos se queremos ter éxito na rede.
Intelixencia Artificial ( IA)
Coa transformación dixital observamos como se foi integrando a intelixencia artificial e a evolución do ser humano, as marcas investirán nesta tecnoloxía para maximizar a experiencia dos consumidores así como para administrar os datos de forma efectiva.
Realidade Aumentada e Realidade Virtual
A un paso de ter a rede 5G ao noso alcance xunto coa fusión destas realidades creará a necesidade de investimento por parte das empresas para optimizar a experiencia dos consumidores o que impulsará as vendas.
O efecto Social e ambiental
Este 2019 estivo marcado polas causas sociais, espérase que as empresas se involucren máis en favor do medioambiente e dos mais necesitados, as empresas comezaron tamén a adaptar o eco-friendly nas súas campañas.
Contido creado polos usuarios
Xéranse comunidades de consumidores para que creen contido sobre as súas experiencias. As vendas dun produto poden dispararse grazas ao contido que o propio usuario crea ao redor da marca ou ao produto en si.
Marketing e os Influencers
As grandes marcas construirán campañas baseadas nas relacións cos influencers, a maioría dos consumidores fíanse das recomendacións en redes sociais para tomar unha decisión.