Dende a MAIV queremos amosarte as vantaxes e oportunidades que supoñen para as persoas mozas estes Obradoiros de emprego.
| Coñece as vantaxes dos Obradoiros de emprego|
A Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo (MAIV), como entidade supramunicipal na procura o desenvolvemento xeral dos concellos integrantes, ofrece servizos de asesoramento gratuíto a persoas emprendedoras. Os Obradoiros de emprego supoñen un pulo máis para a entidade e a comunidade, en xeral. Unha das características principais é que se ven beneficiadas as persoas emprendedoras, pemes da área, así coma os propios traballadores da MAIV.
O persoal empregado participante recibe unha cualificación profesional á vez que desenvolve un traballo produtivo en actividades da Comunidade e interese social. É dicir, prodúcese unha sinerxía onde todos se ven beneficiados.
Os obradoiros de emprego de garantía xuvenil están orientados ás persoas mozas de ata 30 anos de idade e naceron co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas.
O equipo de traballo das especialidades de deseño gráfico e marketing, que se están a impartir nestes intres na MAIV, de maneira conxunta, traballamos co fin de que poidas obter toda a información dispoñible.
¡Bótalle unha ollada á nosa infografía!