Benvido ao espazo do Emprendemento da Área Intermunicipal de Vigo
Somos Emprende na rede, un proxecto creado como complemento ao Servizo de Asesoramento a Emprendedoras/es a través de Internet, que se desenvolve dentro da MAIV co propósito de apoiar a quen desexa poñer en marcha os seus proxectos profesionais.
O noso obxetivo é proporcionar información e asesoramento técnico, empresarial, legal, fiscal… para axudar aos usuarios a dar os primeiros pasos no emprendemento e levar a cabo os seus futuros negocios.
Neste espazo virtual, ofrecemos un portal onde poder atopar recursos útiles para emprender na área intermunicipal de Vigo, así como a posiblidade de publicar e consultar información relevante sobre o inicio e a consolidación de novas iniciativas empresariais.
O SAE da MAIV
O SAE, da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo é unha entidade local de carácter supramunicipal destinada a execución en conxunto de obras e servizos específicos da súa competencia, conforme establece o art. 44.1 da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local.
Actualmente, a Mancomunidade está integrada polos seguintes concellos: Vigo, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior.
Os obxectivos principais desta entidade son:
- Promover o desenvolvemento equilibrado xeral e harmónico de todos os concellos que a conforman.
- Coordinar esforzos para ofrecer aos cidadáns un maior número de servizos e de mellor calidade.
- Reducir diferenzas sociais e económicas entre os territorios adxacentes.
- Buscar solucións conxuntas para problemas comúns entre os concellos.
- Mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus habitantes.
- Fomentar o desenvolvemento integral e sostido da área.
O Servizo de Asesoramento a Emprendedores, é un dos principais servizos que ofrecemos na MAIV, podes obter máis información visitando o punto de información que esté máis preto de ti ou explorando os recursos en liña, como a Cámara de Comercio e outros organismos públicos.
É GRATUITO e centra a súa actividade en 4 liñas principais que che amosamos a continuación:
1. Accións de sensibilización e información
- Elaboración de materiais e manuais sobre creación de empresas.
- Realización de charlas de sensibilización ao autoemprego,etc.
- Organización de seminarios de difusión de ideas, talleres de creatividade, etc.
2. Asesoramento a emprendedores
- Elaboración de manuais e outros instrumentos de apoio (bases de datos, plan de empresas…)
- Normalización de procesos, establecemento de criterios comúns e apoios municipais ás empresas.
- Asesoramento técnico empresarial, legal, fiscal, laboral…
3. Apoio a iniciativas empresariais
- Asesoramento para a contratación de persoas traballadoras e información de axudas á contratación.
- Asesoramento e apoio en aspectos da xestión a empresas consituídas no SAE.
4. Accións formativas e complementarias
- Deseño e programación de actividades formativas.
- Formación para a rede de AEDLs integrados no SAE.
- Deseño e redacción de propostas e proxectos en apoio a emprendedores.