CONCURSO DE ESCAPARATES “UN ESCAPARATE MOI DE VIGO”

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Concello de Vigo, convoca un concurso dirixido aos establecementos adheridos ao programa Vigo Comercio Vivo para recoñocer a súa creatividade e poñer en valor a identidade do comercio de proximidade.

OBXECTO

Recoñecer e premiar aos establecementos comerciais que mellor reflexen, a través dos seus escaparates ou da exposición dos zeus productos, a identidade de Vigo, a súa historia, s súas tradicións e a súa vinculación cos barrios e a clientela.

Establécense dúas categorías:

  • Categoría A. Escaparates: escaparates e espazos expositivos de establecementos comerciais.
  • Categoría B. Producto fresco e perecedeiro: exposición de productos de carnicerías, charcuterías, pescaderías, froitarías, panaderías, pastelerías e establecementos similares.

BENEFICIARIOS 

Poderán participar os establecementos comerciais adheridos ao programa Vigo Comercio Vivo situados nas zonas de Teis, Centro e Naútico, incluidos os postos dos mercados municipais destas zonas que tamén estén adheridos.

Cada establecemento poderá participar cunha única candidatura nunha soa categoría. Os comercios de alimentación fresca que dispoñan de escaparte poderán elixir entre a categoría A ou B.

A adhesión ao programa implica automáticamente a participación no concurso sen necesidade de inscripción previa.

Requisitos adicionais

Para que a candidatura sexa valorada, cada establecemento deberá enviar, sen necesidade de cubrir ningún formulario, a seguinte información:

  • Referencia: «CONCURSO UN ESCAPARATE MUY DE VIGO», que deberá indicarse no asunto do correo electrónico ou ao comezo da mensaxe de WhatsApp.
  • Nome comercial do establecemento.
  • Mercado ao que pertence, no caso dos postos de mercado.
  • Categoría na que participa (A: Escaparates ou B: Produto fresco e perecedoiro).
  • Fotografías da candidatura:

Categoría A: unha ou dúas fotografías do escaparate instalado.

Categoría B: unha fotografía da exposición de produtos tal e como se presenta habitualmente ao público.

As fotografías deberán ser nítidas e mostrar o escaparate ou a exposición real, sen montaxes nin retoques que alteren a súa aparencia.

O envío realizarase por correo electrónico (info@vigocomerciovivo.com) ou WhatsApp (604 006 740).

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Concederanse ata 35 puntos en cada categoría:

  • Categoría A: identidade «Moi de Vigo» e creatividade (10 puntos); presentación comercial e impacto visual (10 puntos); escaparatismo animado (10 puntos) e asistencia ao curso de escaparatismo do programa (5 puntos).
  • Categoría B: presentación e atractivo do produto (10 puntos); identidade «Moi de Vigo» (10 puntos); creatividade e información á clientela (10 puntos) e asistencia ao curso de escaparatismo (5 puntos).

CONTÍA

  • Categoría A: primeiro premio de 300 € e segundo premio de 200 €.
  • Categoría B: un premio único de 300 €.

Os premios estarán suxeitos ao réxime fiscal e ás retencións que correspondan. A súa financiación correrá integramente a cargo da Cámara de Comercio.

PRAZO

O prazo de presentación das candidaturas rematará o 24 de novembro de 2026 ás 23:59 horas. Só se valorarán as fotografías recibidas dentro deste prazo.

Ademais, deberán cumprirse as seguintes condicións temporais:

  • Categoría A: o escaparate deberá permanecer exposto durante polo menos 7 días naturais entre o 5 e o 24 de novembro de 2026.
  • Categoría B: a fotografía deberá realizarse entre o 5 e o 24 de novembro de 2026.

Máis información

Consulta as bases reguladoras.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Etiquetas

# arte

# artesanía

# bolsas

# premios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *