ORDE do 16 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento subvencionando gastos de investimentos realizados e pagados dende o 1 de xullo de 2025 ata a data de presentación de solicitude. Estas subvencións son por concorrencia competitiva.
| REQUISITOS |
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas, ademais das sociedades cooperativas e laborais, que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024.
2. Deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal en Galicia.
- Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
- Terse constituído ou dado de alta entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
3. Non poderán ser beneficiarias aquelas iniciativas de emprendemento ás que lles fora outorgada a subvención nas convocatorias do 2023, 2024 e 2025.
| CONCEPTOS SUBVENCIONABLES |
Os investimentos que correspondan ao proxecto empresarial e que foran realizados e pagados dende o 1 de xullo de 2025 ata a data da presentación da solicitude. En concreto:
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles.
- Investimentos en eficiencia enerxética.
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación do local. (excluido alugamento e uso turístico)
- Gastos notariais ou rexistrais.
- Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
- Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e
- Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares. Estes aspectos acreditaranse mediante certificación de taxador/a independente, ou dunha empresa subministradora de bens da mesma tipoloxía dos bens de segunda man obxecto de transacción.
*No caso dos gastos notariais e/ou rexistrais, serán dun máximo de 300 € por persoa beneficiaria e, no caso do alugueiro, dun máximo de 1.500 € por persoa beneficiaria.
*Cando a persoa emprendedora sexa membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a e se faga cargo da pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiras persoas non relacionadas coa persoa compradora.
*Haberá que presentar unha reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, de todos os investimentos obxecto da axuda, incluídas as obras executadas e no suposto de terse realizado obras de reforma e/ou habilitación das instalacións do local de negocio requírese Licenza de obras ou, se é o caso, de comunicación previa, e declaración responsable de que non existe requirimento polo concello para a súa emenda,
*O investimento en bens inscritibles nun rexistro público terá que ser mantido durante os 5 anos seguintes á data do pagamento final á persoa beneficiaria, e o resto do investimento, durante 2 anos desde a devandita data.
| CONTÍA DA AXUDA |
A contía da axuda variará en función do investimento realizado:
- Entre 5.000 – 20.000 €: A contía da axuda será do 55 % do investimento. Límite de 2.750 a 11.000 euros.
- Entre 20.001 – 30.000 €: A contía da axuda será do 50 % do investimento. Límite de 10.000,50 a 15.000 euros.
- Entre 30.001 – 60.000 €: A contía da axuda será do 45 % do investimento. Límite de 13.500,45 a 27.000 euros.
Incrementaranse os importes nun 10% para proxectos de remuda.
Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos.
No cálculo do investimento NON se inclúen os gastos de alugueiro nin os notariais ou rexistrais.
| CRITERIOS DE VALORACIÓN |
| Criterio de valoración | Aspectos para valorar | Puntuación (máx.30 ptos) | |
| 1 | Actividade económica do solicitante (deberán constar de alta no certificado de situación censual do solicitante na data de publicación da convocatoria) | Solicitantes de sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (só aqueles indicados no anexo II) | 9/6/3 |
| 2 | Poboación do municipio en que se realiza a actividade (datos de poboación segundo os últimos datos dispoñibles no Instituto Galego de Estatística (IGE) | Menor ou igual a 2.000 habitantes | 12 |
| De 2.001 a 5.000 habitantes | 9 | ||
| De 5.001 a 10.000 habitantes | 6 | ||
| Entre 10.001 e 20.000 habitantes | 3 | ||
| Máis de 20.000 habitantes | 0 | ||
| 3 | Proxecto nun concello emprendedor (segundo o descrito na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia) | O concello en que se realice a actividade deberá estar adherido á Iniciativa galega de concellos emprendedores promovida pola Administración autonómica | 3 |
| 4 | Implantación de medidas de igualdade e inclusión | >50 % mulleres | 3 |
| >10 % persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social | 3 |
PRAZ
En caso de empate na puntuación obtida por varias solicitudes, a orde de prioridade virá determinada do seguinte xeito:
1) Maior puntuación no criterio de valoración nº 1.
2) Maior puntuación no criterio de valoración nº 2.
3) Maior puntuación no criterio de valoración nº 3.
4) Maior puntuación no criterio de valoración nº 4.
Quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes que no cómputo final de puntuación non acaden un mínimo de 6 puntos.
| PRAZO |
Do 31 de febreiro ao 2 de marzo de 2026.
| DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA |
- Censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelos 036 y 037).
- Facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento. As facturas presentadas terán un importe mínimo de 300 € (IVE excluído): Cando o importe do investimento subvencionable supere os 15.000 € ou os 40.000 € en caso de execución de obras, as persoas interesadas deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes persoas físicas ou xurídicas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación.
- Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.
- Contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica.
- Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, de todos os investimentos obxecto da axuda, incluídas as obras executadas, no seu caso (artigo 27.4.a) da orde).
- Licenza de obras ou, se é o caso, de comunicación previa, e declaración responsable de que non existe requirimento polo concello para a súa emenda, no suposto de terse realizado obras de reforma e/ou habilitación das instalacións do local de negocio (artigo 27.4.b) da orde).
- Contrato de alugamento do inmoble e facturas xustificativas do seu pagamento, no suposto de gastos de alugamento do local ou centro de traballo (artigo 27.4.c) da orde).
- Certificación acreditativa do grao de discapacidade da persoa solicitante, mutualista ou traballador por conta allea, no caso de que este non fora emitido pola Xunta de Galicia.
- Declaración responsable na que se manifeste que a porcentaxe de mulleres na entidade é superior ao 50 %, se é o caso.
- Informe de vida laboral actualizado á data de publicación da orde.
| MÁIS INFORMACIÓN |
Estas subvencións serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos para a mesma finalidade.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
Máis información:


