
Convocadas as axudas 2026 para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal en Galicia. Este programa apoia a incorporación de novas tecnoloxías, a mellora da imaxe comercial e a sustentabilidade ambiental, co obxectivo de incrementar a competitividade e adaptarse ás novas tendencias do mercado.
| BENEFICIARIOS |
1. Comerciantes retallistas:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
- Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 e teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego.
- Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución e estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III.
- Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
- Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o 16 de febreiro de 2026.
| ACCIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍA |
1. Liña de dixitalización e innovación comercial:
Accións enfocadas á dixitalización do entorno comercial online, así como na transformación dixital do punto de venda e do modelo de negocio.
A porcentaxe da subvención será o 80 %, tendo en conta os seguintes investimentos máximos subvencionables por actuación (IVE excluído):
| Actuación subvencionable | Investimento máximo subvencionable |
| a) Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña. | 1.200,00 € |
| b) Sistema TPV, impresora de tíckets, caixón portamoedas, lector de código de barras, impresora de etiquetas/código de barras e báscula dixital | 1.200,00 € |
| c) Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida | 5.000,00 € |
| d) Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) | 2.500,00 € |
| e) Xestor de redes sociais e imaxe dixital | 2..000,00 € |
| f) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda | 2.500,00 € |
| g) Sistemas de click and collect | 2.500,00 € |
| h) Solucións de ciberseguridade | 2.000,00 € |
| i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) | 1.000,00 € |
| j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) e aplicacións de realidade virtual e aumentada | 2.500,00 € |
| k)Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela | 5.000,00 € |
| l) Memoria-proxecto de dixitalización elaborado por persoa enxeñeira informática colexiada | 2.000,00 € |
| Investimento máximo subvencionable na liña 1: | 18.750,00 € |
2. Liña de modernización comercial:
Actuacións dirixidas á mellora da imaxe, á eficiencia do local e dos recursos e á calidade do produto final.
A porcentaxe da subvención será o 80 % do investimento, cos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
| Actuación subvencionable | Investimento máximo subvencionable |
| a) Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositiva de produtos | 5.250,00 € |
| b) Servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo, de decoración e de obras do establecemento comercial | 2.000,00 € |
| c) Portas de entrada ao establecemento que permitan o peche sen necesidade de acción manual (automáticas ou con brazo mecánico) | 2.000,00 € |
| d) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces | 2.000,00 € |
| e) Sistemas de climatización, calefacción e ventilación enerxeticamente eficientes | 4.000,00 € |
| f) Actuacións de mellora da fachada e illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial | 2.000,00 € |
| g) Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade artesanal e a actividade comercial principal e que deberán ser, en todo caso, adquisicións de primeiro uso. | 5.000,00 € |
| h) Aparellos eléctricos de aromatización e fío musical | 1.000,00 € |
| Investimento máximo subvencionable na liña 2: | 20.000,00 € |
3. Liña de sustentabilidade ambiental:
Actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma á dimensión e formato dos produtos que deberán estampar a marca Comercio Galego. A porcentaxe da subvención será o 80 % do investimento.
| Actuación subvencionable |
| a) Caixas de cartón 100 % reciclado. |
| b) Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado. |
| c) Papel vexetal. |
| d) Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado). |
| e) Bolsas de papel 100 % reciclado. |
| f) Bobinas de papel 100 % reciclado. |
| g) Bolsas de tea de algodón 100 %. |
| h) Bolsas de tea de liño 100 %. |
| i) Bolsas de tea de cánabo 100 %. |
| Investimento máximo subvencionable na liña 3: 2.500 € (ive excluido) |
| PRAZO |
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 16 de xaneiro as 9:00 e rematará o 16 de febreiro as 20:00, do ano 2026.
| A TER EN CONTA: Non poderán acceder a estas subvencións os comercios sen tenda física. Non serán subvencionables, entre outros: a) Os impostos persoais sobre a renda e o imposto sobre o valor engadido (IVE). b) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, tabletas, televisores, reprodutores de son e imaxe e cámaras fotográficas. c) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais. d) A adquisición ou arrendamento de maquinaria e equipamento necesario para o desenvolvemento das obras. e) A adquisición de materia prima da actividade artesanal. f) A adquisición de materiais destinados á realización con medios propios de obras e instalacións. g) O enxoval e obxectos de decoración e material non inventariable e cunha vida útil previsible inferior a un ano. h) As obras de mellora e acondicionamento en almacéns ou en espazos non destinados á exposición e venda. i) A adquisición de recambios e pezas. j) As taxas, licenzas, visados e autorizacións relativas ás obras. k) O mantemento e instalación de sistemas de alarma e seguridade. l) A adquisición de elementos que coincidan cos propios da actividade comercial da empresa, susceptibles de venda posterior. m) Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa solicitante ou se dese un suposto análogo do cal puidese derivar autofacturación. n) Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática. o) Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público e a instalación de expositores de carácter temporal. p) Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante. q) Os gastos dedicados a actividades que non constitúan a actividade principal subvencionable do establecemento comercial. r) Os custos de adquisición de investimentos ou os gastos subvencionables superiores ao valor de mercado. s) As bolsas e demais elementos de plástico ou derivados do plástico. t) As solicitudes cuxo investimento total sexa inferior a 1.000,00 €. u) Calquera outro investimento que non estea directamente vinculado coa realización da actuación subvencionable. No caso de solicitar a liña de modernización, serán precisas fotografías do establecemento comercial antes da realización das actuacións subvencionadas (obras, substitución de portas, de sistemas de iluminación e climatización, rótulos, equipamentos que se substitúen etc.). No caso de solicitar as actuacións recollidas na alínea b) ou no caso de obras da línea a), da liña de modernización comercial (artigo 4.3), plano onde se mostre o estado e imaxe do local antes da realización da obras. Os investimentos deberán estar realizados e pagados entre o 25/10/2025 e a data límite de xustificación (máximo 13/11/2026). Obriga de manter os investimentos subvencionados na empresa, aplicados á finalidade para a que se solicitaron, durante un prazo de 2 anos desde a concesión. As axudas resolveranse en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada no rexistro da solicitude, ata o esgotamento dos fondos. Consultar Anexo IV da Orde donde se recollen os requisitos das actuacións subvencionables. |
Máis información:

