ADHESIÓN AO PROGRAMA BONOS PEIXE EN PEIXARÍAS 2025

A Xunta de Galicia pon en marcha o programa de “Bonos Peixe” en peixarías, unha iniciativa para incentivar o consumo de peixe e marisco fresco no comercio retallista galego. Os comercios xa poden adherirse ao programa desde o 11 de xullo, e as persoas consumidoras poderán descargar os seus bonos a partir do 25 de xullo. A campaña estará activa ata o 30 de outubro de 2025 ou ata esgotar o orzamento dispoñible.

O obxecto da orde é regular e convocar para o ano 2025 o programa Bonos Peixe en peixarías, co obxectivo de impulsar o sector da pesca e acuicultura galegas, incentivando o consumo de peixe e marisco frescos en comercios retallistas de Galicia, mediante descontos dirixidos ás persoas consumidoras. 

Tamén se establece o procedemento para a adhesión dos comercios de venda de peixe e marisco e o sistema de funcionamento dos bonos.

Beneficiarios (comercios):

Poderán adherirse e ser beneficiarios dos “bonos peixe” os comercios retallistas e as empresas/empresarios dedicados á venda ambulante de peixe e marisco, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Desenvolver a súa actividade en Galicia.
  • Estar dados de alta nos epígrafes de IAE incluídos no anexo I da orde.
  • Estar inscritos no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA).
  • Adherirse ao programa mediante o rexistro na web www.bonopeixe.gal 

Actividades subvencionables

Subvencionarase a compra de peixe e marisco nos comercios retallistas de Galicia adheridos ao programa, a través da aplicación de descontos aos clientes no momento da compra, mediante o uso dos bonos emitidos pola Xunta de Galicia.

Os descontos serán do 25 % sobre o importe das compras de peixe e marisco fresco,  ata un máximo de 5 € por semana. Poderán ser acumulables,  ata  25 € acumulables por semana (se non se usaron en semanas anteriores) e 50 € por persoa no total da campaña.

Adhesión ao programa por parte dos comercios. 

Os comercios retallistas ou comerciantes retallistas ambulantes que desexen adherirse ao programa bonos Peixe en Peixerías deberán rexistrarse na web www.bonopeixe.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos ou razón social
  • Establecemento comercial ou domicilio fiscal en Galicia
  • NIF
  • Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante
  • Nome comercial
  • Enderezo do establecemento ou establecementos comerciais participantes
  • Número/números de teléfono móbil a efectos do seu uso na campaña
  • Correo electrónico
  • IAE principal (incluído no anexo I)
  • IBAN da conta bancaria
  • Páxina web do establecemento comercial (no seu caso)

No caso dos comerciais retallistas comprendidos dentro do código IAE 663.1, venta ambulante de pescado e marisco, CNAE 4723 Comercio ao menor de peixe e mariscos (venta retallista fóra de local), os datos referentes ao enderezo do establecemento comercial, poderán ser substituídos pola identificación do vehículo principal utilizado para a actividade comercial.

Contía dos bonos desconto.

O bono desconto terá un valor de 50 euros, que se irá descontando nas peixerías, prazas de abastos e/ou ambulantes adheridos ao programa. En cada compra aplicarase un desconto máximo do 25 % sobre o importe das compras de peixe e marisco fresco cun máximo de 5 € por semana. No caso de ter acumulados descontos non utilizados en semanas anteriores, poderase aplicar o saldo acumulado ata un desconto máximo de 25 € nunha mesma semana.

Prazo 

O prazo de adhesión para os comercios ou vendedores ambulantes está aberto ata o 1 de outubro de 2025 (pecharase con anterioridade no caso de esgotamento do crédito dispoñible).

Máis información

Consulta a ORDE do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivo do consumo de peixe e marisco frescos nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Peixe en peixarías, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento PE113H).

Acceso ao procedemento de tramitación: código de procedemento para os comercios interesados PE113H

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *