PREMIOS DE ARTESANÍA DE GALICIA 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os Premios de Artesanía de Galicia 2025, coa finalidade de recoñecer o labor creativo, a traxectoria profesional e o impulso á formación dentro do sector artesán galego. Estes galardóns, promovidos pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, buscan poñer en valor a excelencia, a innovación e a transmisión dos oficios tradicionais, apoiando tanto aos mestres consolidados como ás novas xeracións.

O obxecto desta orde é o de regular a concesión dos Premios de Artesanía de Galicia co obxectivo de recoñecer a mellora continua no labor dos/das profesionais do sector artesán galego e, ao mesmo tempo, contribuír ao desenvolvemento económico e promocional do sector da artesanía en Galicia.

Este obxecto concrétase en tres modalidades de premio:

  • Premio Artesanía de Galicia 2025: recoñece obras artesás que combinen tradición, innovación, calidade e deseño.
  • Premio Traxectoria 2025: premio honorífico a unha traxectoria profesional consolidada na artesanía galega.
  • Premio Bolsas Eloy Gesto 2025: bolsas de formación para promover a remuda xeracional e a profesionalización no sector artesán.

Persoas candidatas 

  1. Premio Artesanía de Galicia 2025
  • Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  • O titular debe ser unha persoa artesá.
  • Ten que presentarse nas oficinas da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
  1. Premio Traxectoria 2025
  • Persoas artesás en activo ou retiradas.
  • Deben ter estado inscritas como artesás no Rexistro Xeral de Artesanía.
  • Cunha actividade mínima de 20 anos demostrable.
  • As candidaturas deben ser presentadas por terceiros (obradoiros, asociacións, entidades locais ou outras entidades públicas/privadas).
  1. Premio Bolsas Eloy Gesto 2025
  • Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  • Titular cunha idade máxima de 45 anos no ano 2025.

Exclusións:
– Obras presentadas anteriormente noutros concursos ou xa publicadas en calquera soporte.

– Un obradoiro artesán non pode presentar como candidato ao Premio Traxectoria á persoa titular dese mesmo obradoiro nin a persoas que traballen nese obradoiro.

Actividades premiadas

  • Premio Artesanía de Galicia: elaboración de pezas artesanais destacadas por calidade, innovación, técnica e deseño.
  • Premio Traxectoria: recoñecemento á carreira profesional dunha persoa artesá.
  • Premio Bolsas Eloy Gesto: formación nun centro ou obradoiro artesanal de referencia.

Contía 

  • Premio Artesanía de Galicia 2025: 9.000 € e trofeo, ademáis da cesión da obra premiada á Fundación Pública Artesanía de Galicia.
  • Premio Traxectoria 2025: Sen dotación económica, só un trofeo honorífico.
  • Premio Bolsas Eloy Gesto 2025: Ata 3 bolsas de 4.000 € cada unha mais un diploma acreditativo. Debe xustificarse documentalmente a formación realizada.

Prazo 

O prazo de presentación para as tres candidaturas iniciarase a partir das 8.00 horas do 15 de setembro de 2025 e rematará ás 14.30 horas do 26 de setembro de 2025.

Máis información

Consulta a ORDE do 17 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, se convocan para o ano 2025 e se autoriza a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión (código de procedemento IN200A).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento IN200A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *