PROGRAMA ES-TRANSFORMA EN COOPERATIVAS O SOCIEDADES LABORALES

A Xunta de Galicia lanza o programa ES-Transforma 2025 con axudas para que persoas autónomas e microempresas galegas muden a súa forma xurídica converténdose en cooperativas ou sociedades laborais, nunha aposta clara pola economía social como motor de emprego estable e sostible en Galicia.

A finalidade do programa ES-Transforma é apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, e as persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica. As axudas van dirixidas a facilitarlle á nova empresa a liquidez necesaria para realizar investimentos, contratar asesoramentos ou servizos especializados enfocados á profesionalización e ao desenvolvemento estratéxico, e/ou cubrir gastos correntes de inicio da actividade.

Beneficiarios 

Poden acollerse ás axudas establecidas nesta orde as cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, cando xurdan dalgún dos seguintes procesos:

  • Constitución por ausencia de remuda xeracional: constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación da súa persoa empregadora.
  • Constitución por persoas autónomas: constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, integradas por persoas traballadoras autónomas que xa estivesen a realizar unha actividade laboral e estean como autónomas na Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.
  • Constitución por transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais ou pola adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de transformala nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa.

Conceptos subvencionables

Poderán ser subvencionables os seguintes gastos:

  1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral ou para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legamente preceptivos para o proceso de transformación.
  2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa.
  3. Obtención de certificacións de calidade.
  4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  5. Plan de protección de datos.
  6. Equipamento informático.
  7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  8. Mellora na eficiencia enerxética.
  9. Adquisición de equipamento.
  10. Reforma do local de negocio.
  11. Mobiliario.
  12. Elementos de transporte.
  13. Alugamento do local do centro de traballo.
  14. Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación.

Contía das axudas

  • Ata o 80 % do custo total dos gastos subvencionables no caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por ausencia de remuda xeracional.
  • Ata o 60 % do custo total dos gastos subvencionables no caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por persoas autónomas ou por transformación doutras entidades.

En ambos casos a contía da axuda non poderá superar os seguintes límites por cada concepto de gasto:

ConceptosImporte máx. axuda
Punto 1Asesoramento legal.4.000 €
Punto 2Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa.5.000 €
Punto 3Obtención de certificacións de calidade.5.000 €
Punto 4Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.5.000 €
Punto 5Plan de protección de datos.5.000 €
Punto 6Equipamento informático.5.000 €
Punto 13Alugamento do local do centro de traballo.8.000 € (max. 12 mensualidades)
Punto 14Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación.500 €

O límite máximo conxunto para a totalidade dos gastos será de 30.000 € por beneficiario.

Non obstante, a contía da axuda poderá incrementarse en 2.000 € por cada una das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 16.000 euros por solicitante:

  • Sede social nun concello rural.
  • Entidade formada maioritariamente por mulleres.
  • As mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se atopan subrepresentadas.
  • Entidade formada maioritariamente por persoas menores de 30 anos.
  • Entidade formada maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.
  • Entidade formada maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.
  • Entidade formada maioritariamente por persoas con discapacidade.
  • Entidade formada maioritariamente por persoas trans.

Como resultado, a axuda total non poderá exceder os 46.000 euros.

Prazo

O prazo de solicitudes comeza o 20 de xuño de 2025 e remata o 15 de setembro de 2025 (as axudas concederanse por orde de presentación ata o esgotamento do crédito existente).

Máis información

Consulta a ORDE do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802R).

Acceso ao procedemento de tramitación: código de procedemento: TR802R

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *