AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE RODAXES AUDIOVISUAIS EN GALICIA 2025

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca as axudas para rodaxes audiovisuais en Galicia en 2025, cofinanciadas pola Unión Europea. Estas subvencións están dirixidas a produtoras audiovisuais independentes e teñen como obxectivo consolidar o sector audiovisual galego, impulsar o emprego de calidade e situar Galicia como escenario de rodaxes de referencia internacional.

A finalidade destas axudas é fomentar a cadea de valor da industria audiovisual galega, mellorar a súa competitividade e promover o crecemento sustentable e o emprego de calidade, ao tempo que se impulsa Galicia como escenario de rodaxes de proxección internacional.

Beneficiarios

Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes (con alta no epígrafe 961.1 do IAE) e agrupacións de interese económico (AIE), que cumpran ademais os seguintes requisitos:

  • Antigüidade mínima dun ano sen interrupcións e cun centro de traballo ou oficina permanente durante polo menos un ano anterior á convocatoria en Galicia ou noutro Estado membro da UE ou da Área Económica Europea.
  • A produtora debe determinar se participa como: coprodutora ou empresa de servizos de produción
  • A persoa solicitante ou a persoa responsable da produción executiva debe ter participado, nos 5 anos anteriores, nunha destas obras:

– Longametraxe con máis de 20.000 espectadores.

– Serie ou miniserie de ficción emitida en 2 países ademais de España.

– Longametraxe en coprodución internacional.

  • No caso das AIE, polo menos unha das empresas que a integran debe cumprir os requisitos antes citados, e non se poderá disolverse ata que remate o prazo de prescrición para o reintegro de subvencións.

Cada solicitante (ou empresas vinculadas) poderá obter máximo 2 subvencións nesta convocatoria.

Actividades subvencionables

Subvencionaranse as producións audiovisuais que teñan como destino final principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en televisión ou plataformas de video baixo demanda (VOD) e que se poidan encadrar nas seguintes modalidades:

  • Longametraxe de ficción, cun mínimo 60 minutos de duración.
  • Serie de ficción, cun mínimo de 150 minutos de experiencia para o espectador, que se corresponda cunha 1ª ou 2ª tempada.

Ademais, para seren subvencionables, deberán acreditar que dispoñen dun financiamento mínimo do 60% do custo total da produción.

O orzamento do proxecto subvencionable (gasto en Galicia) deberá ser como mínimo de:

  • 1.000.000 € para longametraxes de produtoras con actividade en Galicia).
  • 1.300.000 € para series de produtoras con actividade en Galicia.
  • 1.500.000 € noutros casos.

representando os gastos de persoal polo menos o 40% dese orzamento.

A maiores, deberase garantir unha duración mínima de rodaxe efectiva en Galicia de 20 días laborables nun período máximo de 6 semanas.

Contía das axudas

As porcentaxes máximas de axuda e as contías máximas que pode recibir un proxecto son as seguintes:

En canto á concorrencia con outras subvencións, establécese que estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto de calquera departamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pero son compatibles con outras axudas doutras administracións e/ou entidades públicas, sempre que non se supere o 50% do custo subvencionable (ou o 60% no caso de coproducións internacionais transfronteirizas financiadas por máis dun estado membro da UE).

Prazo de solicitudes

O prazo comeza o 23 de xuño de 2025 e remata 1 de outubro de 2025.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207G).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento CT207G

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *