SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DA ARTESANÍA GALEGA 2025

Queres darlle un novo pulo ao teu obradoiro artesán? A través desta convocatoria poderás solicitar axudas de ata 8.000 euros para a participación en feiras, certames e outros evento de artesanía, co obxectivo de acceder a novos mercados e novos clientes.

O obxecto desta convocatoria de axudas da Xunta de Galicias é promover e fortalecer a presenza do sector galego en feiras, certames e eventos no exterior, así como impulsar a organización de eventos feirais para o fomento da comercialización da artesanía galega.

Búscase incrementar a visibilidade e competitividade do sector artesanal de Galicia,  tanto a nivel local como internacional, chegar a novos mercados e explorar novas canles de comercialización.

Con este fin, a orde contempla 3 liñas de subvencións: unha liña de axudas para concellos de Galicia, outra liña de axudas para asociacións profesionais e empresariais de artesáns e unha terceira liña destinada a titulares de obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Neste artigo centrámonos nesta terceira liña de axudas, dirixidas a persoas autónomas e pemes, da que extractamos os apartados fundamentais:

Beneficiarios 

Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou outras unidades económicas sen personalidade xurídica, inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Os novos obradoiros poden solicitar a inscrición ata o mesmo día da solicitude da subvención.

Actividades subvencionables

Para a liña dirixida a obradoiros artesáns considéranse actuacións subvencionables, a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal:

  • Participación en feiras profesionais nacionais/internacionais:

Investimento subvencionable mínimo: 500,00 euros.

Poderanse solicitar ata 6 feiras/eventos.

Subvención máxima de 3.000 € por feira/evento.

  • Participación en feiras ou outros eventos non profesionais de venda directa de produtos artesanais:

Investimento subvencionable mínimo: 400,00 euros.

Poderanse solicitar ata 6 feiras/eventos.

Subvención máxima de 850 € por feira/evento.

  • Feiras de Nadal 2024/25

Investimento subvencionable mínimo: 400,00 euros.

Poderanse solicitar ata 3 feiras/eventos.

Subvención máxima de 1.500 € por feira/evento.

Contía das axudas

Ata o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), co límite máximo total de 8.000 € para o conxunto de actuacións presentadas, cos límites establecidos no apartado anterior, en función do tipo de evento.

Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables, no caso de obradoiros artesáns,  os necesarios para a asistencia a feiras como expositor/a:

  • Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.
  • Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.
  • O transporte do material explosivo realizado por un transportista profesional.
  • No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

No caso de non dispor da documentación acreditativa (facturas ou facturas proforma de gasto) da feira no momento da presentación da solicitude de subvención, a axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización (1 ticket por feira), coas seguintes contías e límites:

  • Tícket de feira ou evento profesional cun importe máximo de axuda cada un de 500 €, 1.500 € e 3.000 € e cun máximo de 6 tíckets por empresa.
  • Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de 400 € e 850 €, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro.
  • Feiras de Nadal 2024/25. Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2024/25 para as que se solicite subvención xa se realizou no momento da presentación da solicitude, deberá achegarse a documentación pertitente xunto a esta solicitude. Non hai neste caso posibilidade de tícket.

O importe concedido na modalidade de tícket constitúe o importe da axuda máxima concedida para cada unha das actuacións subvencionables, con independencia do custo final da feira ou evento.

Prazo

O prazo de solicitude destas axudas comeza o 18 de xuño e remata o 17 de xullo de 2025.

Criterios de valoración

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, aplicando os seguintes criterios:

  • Feiras profesionais nacionais e celebradas no estranxeiro: asistencia a un certame, 3 puntos; asistencia a dous ou máis, 4 puntos.
  • Por exercer a actividade nun municipio rural:
    • De menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.
    • De 5.000 a 10.000 habitantes: 1 punto.
  • Por contratar con provedores de empresas de inserción social nos últimos 3 anos ou ser titular ou ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes ou por ter implantada algunha medida de responsabilidade social na xestión da actividade artesanal ou comercial: 1 punto.
  • Por estar adherido ao programa de e-ticket dixital en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio: 2 puntos.
  • Por ser a persoa beneficiaria, ou a persoa representante da persoa xurídica beneficiaria, unha persoa cunha idade igual ou menor de 30 anos: 1 punto.
  • Por ser a persoa titular do obradoiro ou a representante da sociedade unha muller: 1 punto.
  • Por estar adherida ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 1 punto.

Máis información

Consulta a ORDE do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G).

Acceso ao procedemento de tramitación: Código de procedemento IN201G

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resume ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *