AXUDAS PARA O PAGAMENTO DAS PÓLIZAS DE SEGUROS NO SECTOR DO TAXI 

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova liña de subvencións destinada a apoiar economicamente aos titulares de autorizacións de taxi, coa finalidade de cubrir os custos derivados das pólizas de seguros obrigatorias dos vehículos.

O obxecto desta axuda é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as axudas dirixidas ás persoas titulares de autorizacións de transporte público interurbano de viaxeiros en vehículos de turismo (VT-N) domiciliadas en Galicia, coa finalidade de mellorar a calidade e intensidade do servizo de taxi en Galicia, afrontar o incremento dos custos (especialmente dos seguros) e fomentar a contratación laboral no sector.

Beneficiarios  

Poderán ser beneficiarios os autónomos titulares dunha autorización de autotaxi (VT-N) que estean de alta e en activo no momento da solicitude.

Requisitos adicionais:

– A autorización de autotaxi debe estar en vigor e en situación de actividade.

– Os interesados poderán solicitar a axuda por cada unha das autorizacións das que sexan titulares.


Exclusións:
– Quedan excluídos os titulares que sexan persoas xurídicas.

– Non se subvencionarán vehículos que non estean correctamente asegurados no período subvencionable.

Actividades subvencionables

Será subvencionable o pagamento das pólizas dos seguros obrigatorios dos vehículos autotaxi (VT-N) durante o período subvencionable (desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025).

A subvención cubrirá os custos derivados da contratación e mantemento destas pólizas de seguro que aseguren o vehículo para o exercicio do servizo público do taxi.

Contía 

A contía será de 240 € por cada autorización VT-N.

Prazo 

Do día 5 de xuño ao 30 de setembro de 2025.

Máis información

Consulta a ORDE do 15 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoal asalariado (segunda persoa condutora) e para o pagamento das pólizas de seguros no sector dos taxis e se convocan para o exercicio 2025 (código de procedemento IF401A).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento IF401A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *