AXUDAS FOEXGA 2025

Queres levar a túa empresa máis alá das fronteiras? Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas Foexga 2025 destinadas a impulsar a internacionalización das pemes galegas que queiran abrir novos mercados.

O obxecto das axudas Foexga 2025 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas.

Estas axudas teñen como finalidade principal:

  • Aumentar a base de empresas exportadoras.
  • Fomentar e consolidar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais.
  • Diversificar tanto sectorial como xeograficamente as exportacións, incorporando novos mercados e produtos.
  • Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade​.

Beneficiarios  

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pemes que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia con polo menos un traballador no momento da presentación da axuda.
  • Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013.
  • As persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

Actividades subvencionables

Serán subvencionables as seguintes actividades:

  • Misións empresariais directas ao estranxeiro, sempre e cando sexan presenciais e leven aparelladas o desenvolvemento dunha axenda empresarial. Exceptúanse deste requisito de axenda as misións que teñan por obxecto visitas a feiras e a participacións nas misións institucionais.
  • Participación presencial en feiras ou noutros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que permitan indubidablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

Contía 

A contía da subvención será dun máximo do 71,96% dos custos subvencionables, tanto directos como indirectos.

Axudas sometidas ao réxime de minimis.

Prazo 

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2025.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga (Fomento das exportacións galegas), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva.

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento: IG422B.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *