SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA EN GALICIA

Se tes un proxecto de teatro, danza, novo circo ou maxia, aproveita estas axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para impulsar a túa creatividade, mellorar a difusión e destacar na promoción da cultura galega con propostas innovadoras e de excelencia.

A Xunta de Galicia, a través de AGADIC, convoca estas axudas á creación escénica para o ano 2025 co obxectivo de fomentar a produción escénica en diversas disciplinas artísticas, promovendo a creatividade, a difusión e exportación de produtos culturais feitos en Galicia, a consolidación dunha industria cultural competitiva e a busca da excelencia nos produtos culturais galegos.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán acceder a estas axudas, sempre que estean dadas de alta en actividades económicas de Facenda na epígrafe 965 da sección empresarial ou nas epígrafes que van da 011 á 039 da sección artística e o seu obxectivo sexa o desenvolvemento de actividades escénicas en Galicia, as seguintes:

  • Persoas autónomas.
  • Persoas xurídicas privadas (SL, SA, cooperativas,…).
  • Sociedades civís e comunidades de bens.
  • Unións temporais de empresas.

Exclusións

Non poderán ser beneficiarias desta subvención en ningunha das súas modalidades:

  • As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

As persoas beneficiarias da modalidade 4 (subvencións de carácter plurianual) na convocatoria do ano 2024.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Este programa de axudas conta con diferentes modalidades:

  • Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.
  • Modalidade 2: subvencións a creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.
  • Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito danza e artes do movemento.
  • Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter plurianual.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada, se realicen dentro do período de execución establecido e se acredite o seu pago. Así, consideraranse subvencionables:

  •  Os gastos de persoal.
  • Os gastos de produción.
  • Os gastos de promoción e publicidade.
  • Os dereitos de autor.
  • As axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións.
  • Os gastos de mantemento e xestión, ata un máximo dun 7% do custo total.
  • Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionable.
  • O alugamento de locais de ensaio, cun máximo de tres meses, excepto na modalidade 4, que son seis meses.

REQUISITOS

Este programa de axudas conta con requisitos xerais e requisitos específicos para certas modalidades.

Requisitos xerais

  • A produción do proxecto subvencionado deberá iniciarse no exercicio 2025.
  • No suposto de coproducións, unicamente se terá en conta para valorar os criterios relativos á empresa a entidade que figure como persoa solicitante.
  • Só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por beneficiario.
  • Nas modalidades 1, 2 e 3 a estrea do proxecto será entre o 1 de abril de 2025 e o 31 de marzo de 2026.
  • Na modalidade 4, a estrea será entre o 1 de abril de 2025 e o 31 de marzo de 2027.

Requisitos específicos

  1. Modalidade 1 (espectáculos de empresas de nova creación):
    • O equipo artístico debe estar integrado polo menos nun 75% por persoas nacidas a partir do ano 1990, inclusive.
    • A antigüidade da compañía non pode ser superior a cinco anos.
  1. Modalidade 4 (actividade escénica de carácter plurianual):
    • Contar cunha actividade empresarial no sector das artes escénicas nos 10 últimos anos ininterrompidos.
    • Facturación media dos dous últimos anos de 100.000 euros como mínimo, excepto no ámbito da danza, onde a cifra será de 60.000 euros como mínimo.
    • Os proxectos deberán conter, como mínimo, unha produción e un plan de xira de 70 funcións tanto en Galicia no exterior. Dentro deste plan de xira, polo menos 15 funcións corresponderán a unha das producións do proxecto subvencionado.
    • No ámbito da danza e artes do movemento, o plan de xira será dun mínimo de 50 funcións e polo menos 10 delas corresponderán a unha das producións do proxecto subvencionado.
    • As producións que formen parte do proxecto subvencionado desta modalidade poderán presentarse de forma individual ás outras modalidades desta convocatoria.
    • Nesta modalidade subvencionaranse unicamente tres persoas solicitantes con proxectos escénicos durante os anos 2025 a 2027.

CONTÍAS

ModalidadeOrzamento máximo por modalidadeOrzamento máximo por proxecto e modalidadeLímite da subvención sobre o orzamentoContía máxima de subvención
Modalidade 1: nova creación70.000€20.000€90%18.000€
Modalidade 2: creación escénica teatro, novo circo e maxia400.00080.000€75%60.000€
Modalidade 3: danza e artes do movemento100.00050.000€75%37.500€
Modalidade 4: actividade escénica plurianual300.000€150.000€80%100.000€

Axudas suxeitas ao réxime de minimis (máximo 300.000 € por empresa nos tres anos previos).

PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o 17 de xaneiro de 2025.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases  reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación  escénica e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento  CT403B)

  •  Código de procedemento: CT403B.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66. 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *