A Xunta de Galicia convoca esta liña de axudas, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, para facilitar que as empresas leven a cabo accións de mellora e reciclaxe profesional dos seus traballadores e traballadoras. O obxectivo é mellorar as capacidades das empresas, concedendo axudas para financiar ata un 70% dos gastos de actividades de formación á carta de curta duración nas empresas galegas.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
- As microempresas, pemes e grandes empresas, con actividade ininterrompida, cando menos, desde 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención.
- As persoas autónomas que teñan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, validamente inscritas no réxime especial de traballadores autónomos ou no réxime especial de traballadores do mar por conta propia, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a 3 anos ininterrompidos.
Non poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas en situación de autoemprego societarias.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Accións formativas de carácter non formal de curta duración, destinadas a contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras ocupadas por conta allea do cadro de persoal da entidade beneficiaria e a mellorar a competitividade das súas empresas.
- As accións formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre os ámbitos de capacitación prioritarios detectados nas mesas de traballo con empresas e axentes sociais, realizadas no marco da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Estes ámbitos son:
- As competencias dixitais, desde a dixitalización ata a adquisición de competencias e coñecementos técnicos avanzados a adquisición de coñecementos de tecnoloxías innovadoras ou disruptivas, etc.
- As competencias das persoas traballadoras en procesos industriais, incluíndo a manipulación de maquinaria especializada, coñecementos e técnicas do ámbito da construción, técnicas de soldadura, instalación de compoñentes, deseño ou interpretación de documentación ou diagramas técnicos, entre outros.
- As competencias vinculadas á xestión empresarial, incluíndo competencias de xestión de persoas e equipos, a xestión eficiente dos recursos, a toma de decisións e a planificación estratéxica ou a realización de tarefas administrativas, financeiras e contables, etc.
- As competencias de prestación de servizos a clientes, tanto vinculadas a promover, vender e comprar produtos ou servizos como relativas á atención ao cliente e a atención telefónica.
- As competencias do ámbito asistencial, incluíndo a prestación de coidados, técnicas e coñecementos sanitarios, de diagnóstico ou de medicina preventiva ou de benestar, entre outros.
- As accións formativas solicitadas non deben estar incluídas na oferta de formación, formal e non formal, recollida no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
- A entidade solicitante só poderá solicitar un proxecto formativo que, como máximo, poderá conter ata tres accións formativas; cada unha das accións formativas poderá ter unha duración mínima de 16 horas e máxima de 100. O número de horas semanais por persoa participante non poderá ser superior a 40 horas, cun límite máximo diario de 8 horas. A participación nas accións subvencionadas ao abeiro desta orde non terá ningún custo para a persoa participante.
- Estas accións formativas deberán ser executadas en modalidade presencial e poderase impartir na súa totalidade ou parcialmente mediante <<aula virtual>>.
- Deberase levar un control diario de asistencia.
- As actividades formativas poderán conter módulos de aprendizaxe baseados na experiencia
- A formación realizada deberá incluír probas de coñecemento sobre os contidos.
- As persoas participantes nas accións formativas terán dereito a recibir a acreditación correspondente de ter participado, sempre que cumpran o requisito de asistir como mínimo ao 80 % das horas de acción formativa.
- Non estarán incluídas dentro do obxecto desta orde as accións de formación, acreditacións ou certificacións que resulten de obrigado cumprimento para as empresas ou profesionais autónomos por contrato ou convenio colectivo.
- A participación nas accións formativas será completamente gratuíta para as persoas destinatarias e en ningún caso as entidades beneficiarias lles poderán cobrar por calquera concepto.
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía máxima da subvención por entidade solicitante non poderá ser superior a 25.000€.
A intensidade máxima da axuda, dependerá do tamaño de empresa, coas seguintes porcentaxes:
- 50 % dos custos subvencionables para as grandes empresas.
- 60 % dos custos subvencionables para as medianas empresas.
- 70 % dos custos subvencionables para as pequenas empresas e microempresas.
O gasto máximo subvencionable de cada acción formativa determinarase mediante a suma de:
- 16,70 € por hora de formación polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que realizan a acción formativa.
- 17, 93 € por hora de formación para cubrir o salario aboado ás persoas asalariadas polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que participan na acción formativa.
PERÍODO DE REALIZACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS
- Para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2024, desde o día 26 de xuño ata o 15 de novembro de 2024.
- Para aquelas accións formativas que se desenvolvan entre o 2024 e o 2025 ou exclusivamente no ano 2025, desde o 16 de novembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
PRAZO DE SOLICITUDE
Dende o 26 de xuño ata o 16 de setembro de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR302D
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Esta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.