EMPRENDEMENTO NO RURAL

Se estás pensando en emprender no rural e queres informarte sobre como comezar a desenvolver o teu proxecto, anótate xa ao curso presencial “Emprendemento no rural” e aclara as dúbidas que teñas da man de profesionais do sector.

Aprázase o Obradoiro de Emprendemento Rural que estaba programado para xuño, estade atentos/as á nova data que publicaremos.

O Concello de Redondela, xunto coa Fundación Formavigo e a Xunta de Galicia desenvolverá o Obradoiro de Emprendemento Rural, un curso presencial e gratuíto no que poderás valorar os aspectos de emprender un negocio nunha zona rural, así como cales son os primeiros pasos a dar para dar forma a túa idea.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A todas as persoas que están valorando o emprendemento como unha alternativa profesional.

CONTIDO

  1. Comprender os fundamentos do emprendemento.
  2. Desenvolver habilidades para identificar oportunidades de negocio.
  3. Elaborar un plan de negocio básico con análises de mercado e proxeccións.
  4. Coñecer os aspectos legais, fiscais e administrativos relacionados coa creación dun negocio.
  5. Adquirir habilidades de mercadotecnia e vendas adaptadas a pequenos emprendementos.
  6. Utilizar eficientemente as redes sociais para promover o negocio.
  7. Desenvolver técnicas de xestión do tempo e recursos para unha operación empresarial eficaz.

DATAS, HORARIO E LUGAR:

PROXIMAMENTE INFORMAREMOS DA NOVA DATA E HORARIO

Edificio multiusos da Xunqueira, en Redondela (Paseo Xunqueira s/n – Redondela).

MÁIS INFORMACIÓN

Podes inscribirte a través do seguinte formulario e para máis información consultar a páxina web Fundación Formavigo.

986 28 96 57 // info@fundacionformavigo.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *