AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN VIGO 2024

Se es autónomo ou tes unha empresa no municipio de Vigo non deixes pasar estas axudas destinadas á mellora da estabilidade laboral dos teus empregados e o fomento do emprego local.

Esta convocatoria ten como obxectivo favorecer o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras empadroadas no municipio de Vigo, facilitando que as empresas contraten e melloren as condicións e o emprego estable dos seus empregados, outorgando especial atención ás empresas e ás persoas traballadoras máis vulnerables no mercado laboral. Consta dos seguintes programas de axuda:

  • Programa Indefinidos: incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos.
  • Programa Contratacións: incentivos para a contratación indefinida de persoas traballadores desempregadas.
  • Programa Mellora: incentivos para a mellora da estabilidade laboral.

BENEFICIARIOS 

  • Persoas físicas (autónomos/as).
  • Empresas privadas con independencia da súa forma xurídica.
  • Comunidades de bens.
  • Sociedades civís.
  • Sociedades cooperativas.
  • Sociedades laborais.
  • Persoas emprendedoras que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional que reúnan os requisitos e obrigas.

Exclusións

– As grandes empresas que teñan:

  • 250 traballadores ou máis.
  • Un volume de facturación anual superior aos 50 millóns de euros.
  • Activo total superior a 43 millóns de euros.

– Entidades sen ánimo de lucro

– Persoas físicas distintas das indicadas anteriormente

REQUISITOS

  • O centro de traballo da persoa traballadora pola que se solicita a axuda debe estar no termo municipal de Vigo
  • Acreditar que a persona traballadora estea empradoada no Concello de Vigo mínimo desde ó 1 de Xaneiro de 2023. 
  • As condicións para o incremento da coantía da axuda segundo o colectivo no que se encadre a persoa traballadora terase en conta no momento do inicio da relación laboral, da transformación do contrato temporal en indefinido ou da mellora das condicións do contrato, segundo o programa de axudas solicitado.
  • Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma as axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
  • Que se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social.
  • Que non exista no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, para o fomento do emprego.

PROGRAMA DE AXUDAS

  1. Programa indefinidos: Subvencións para a transformación dun contrato existente en indefinido que se faga no período comprendido desde ó 1 de xullo de 2023 ata ó 30 de xuño de 2024 realizado á persoa traballadora pola que se solicita a axuda. Entenderase que se produce a transformación dun contrato temporal en indefinido cando as modalidades de contratación se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluído cando o inicio da relación laboral indefinida se produza o día seguinte ao do remate da vixencia do contrato temporal do que trae causa. O contrato indefinido terá unha xornada laboral igual ou superior á xornada laboral do contrato temporal que lle precede; sempre que a xornada laboral do contrato indefinido sexa igual ou superior ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.
  1. Programa contratacións: Subvencións para as contratacións indefinidas realizadas entre o 1 de xullo de 2023 e o 30 de xuño de 2024, de persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SEPE, empadroadas no municipio de Vigo.
  • O contrato subscrito terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.
  • A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda resultará seleccionada entre as candidaturas remitidas desde a unidade de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e/ou desde o Servizo Público de Emprego de Galicia polo que previo á contratación da persoa traballadora se remitirá a correspondente oferta de emprego. Se a partir da/s oferta/s de emprego presentada/s non se obtivesen candidaturas co perfil requirido, a empresa solicitante poderá contratar a unha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e cumpra os requisitos desta convocatoria.
  • Quedan excluídas as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal.

c) Programa mellora: Axudas para a mellora da estabilidade laboral producida desde ó 1 de xullo de 2023 ata o 30 de xuño de 2024, a través das seguintes opcións: 

  • Incremento da xornada laboral do contrato formalizado de tempo parcial a tempo completo conforme o correspondente convenio colectivo de aplicación
  • Incremento da duración do contrato fixo.discontinuo e un mínimo de 9 meses a xornada completa.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo polo menos desde o 1 de xaneiro de 2022 e prestará servizos no municipio.

CONTÍA

  1. Programas indefinidos 
TRANSFORMACIÓN DE CONTRATO TEMPORAL EN INDEFINIDOCONTÍA 
Persoa traballadora empadroada en Vigo (1)2.000,00 €
INCREMENTO POR COLECTIVO (2)
Menor de 30 anos ou maior de 45 (3)300,00 €
Persoa con discapacidade (4) 300,00 €
Persoa trans (5)300,00 €
Muller300,00 €
Vítima violencia de xénero (6)300,00 €
Importe máximo total 3.500,00 €
(1) Persoas empadroadas no municipio de Vigo, cando menos desde ó 01/01/2023.
(2) O incremento da axuda por colectivo será acumulativo.
(3) A idade, menor de 30 ou maior de 45 anos, deberá concorrer no momento da transformación do contrato temporal en indefinido. 
(4) Persoa con discapacidade sempre que teña recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
(5) Persoa trans acreditará a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer ante o Rexistro Civil.
(6) Persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia, nos termos da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero, ou de vítima de violencia doméstica.

No caso de contratos a xornada parcial o importe da subvención será proporcional á porcentaxe da xornada laboral, sempre que a súa duración sexa igual ou superior ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.Como caso excepcional e previa xustificación, poderase subvencionar a transformación de contratos realizados a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social cunha duración da xornada laboral inferior á establecida, sempre que sexa igual ou superior ao 30% da xornada laboral recollida no convenio colectivo de aplicación.

  1. Programa contratacións
CONTRATO INDEFINIDOCONTÍA
Persoa traballadora desempregrada empadroada en Vigo (2)2.000,00 €
INCREMENTO POR COLECTIVO (3)
Primeiro empregado/a da empresa300,00 €
Idade menor de 30 anos ou maior de 45 anos (4)300,00 €
Persoa con discapacidade (5)300,00 €
Persoa trans (6)300,00 €
Persona pertencente a colectivo en risco ou situación de exclusión social (7)300,00 €
Muller300,00 €
Vítima de violencia de xénero (8)300,00 €
Participante de programa da concellería300,00 €
Importe máximo total 4.400,00 €
(1) Para o contrato fixo descontinuo, no caso de que non estea especificado, indicarase o tempo de traballo efectivo anual en semanas e a xornada laboral estimada a efecto de determinar a contía da axuda.
(2) Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego e empadroadas no municipio de Vigo, cando menos, desde ó 01/01/2023.
(3) O incremento da axuda por colectivo será acumulativo.
(4) A idade, menor de 30 ou maior de 45 anos, deberá concorrer no momento da formalización do contrato.
(5) Persoa con discapacidade sempre que teña recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade igual ou superior ao 33% .
(6) Persoa trans acreditará a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer ante o Rexistro Civil.
(7) Terán a consideración de persoas en situación ou risco de exclusión social as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, por concorrer algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e deberá acreditarse de xeito documental.
(8) Persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia, nos termos da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero, ou de vítima de violencia doméstica.

No caso de contratos a xornada parcial o importe da subvención será proporcional á porcentaxe da xornada laboral, sempre que a súa duración sexa igual ou superior ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.Como caso excepcional e previa xustificación, poderase subvencionar a transformación de contratos realizados a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social cunha duración da xornada laboral inferior á establecida, sempre que sexa igual ou superior ao 30% da xornada laboral recollida no convenio colectivo de aplicación.

  1. Programa Mellora: 
PROGRAMA MELLORACONTÍA
Persoa traballadora empadroada en Vigo (1) 2.000,00 €
INCREMENTO POR COLECTIVO (2)
Primeiro empregado/a da empresa300,00 €
Idade menor de 30 anos ou maior de 45 anos (3)300,00 €
Persoa con discapacidade (4)300,00 €
Persoa trans (5)300,00 €
Persoa pertencente a colectivo en risco ou situación de exclusión social (6)300,00 €
Muller300,00 €
Vítima de violencia de xénero (7)300,00 €
Importe máximo total4.100,00 € 
(1) Persoa empadroada no municipio de Vigo, cando menos, desde ó 01/01/2023.
(2) O incremento da axuda por colectivo será acumulativo.
(3)A idade, menor de 30 ou maior de 45 anos, deberá concorrer no momento da formalización do contrato.
(4) Persoa con discapacidade sempre que teña recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
(5) Persoa trans acreditará a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer ante o Rexistro Civil.
(6) Terán a consideración de persoas en situación ou risco de exclusión social as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, por concorrer algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e deberá acreditarse de xeito documental.
(7) Persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia, nos termos da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero, ou de vítima de violencia doméstica.

Como caso excepcional e previa xustificación, poderase subvencionar a mellora de contratos realizados a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social cunha duración da xornada laboral inferior á establecida, sempre que sexa igual ou superior ao 30% da xornada laboral recollida no convenio colectivo de aplicación.

Contía adicional e coantía máxima por empresa para os 3 programas: 

  • A persoa emprendedora autónoma e a micropeme corresponderalla unha contía adicional de 500€ que será de aplicación unha soa vez .
  • A subvención máxima total por empresa solicitante será de 10.000€, agás que non se esgotara o crédito orzamentario disposto e a Comisión de Valoración estime incrementar este límite. 

PRAZO

Ata o 14 de Xullo de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

Consultar as BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN VIGO 2024.

Concello de Vigo: Axudas municipais á contratación 2024

Acceder ao procedemento de tramitación: 

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *