PROGRAMA PEME SOSTIBLE 2024

Se tes unha peme ou es autónomo/a na demarcación da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa xa podes solicitar a axuda do programa PEME SOSTIBLE 2024 para o impulso da innovación en materia de sostibilidade.

OBXECTIVO

Este Programa promovido polas Cámaras de Comercio,  ten como obxectivo o impulso da sostibilidade, así como o impulso da economía en base a ela, poñendo en valor as súas repercusións económicas, sociais e medioambientais e a Axenda 2030.

Accións de apoio directo incluídas no programa: 

  • Diagnóstico Asistido en Sostibilidade: Permitirá á PEME analizar o seu nivel de desenvolvemento sostible e as súas posibilidades de mellora mediante unha serie de accións, como: estudo da pegada de carbono, uso eficiente da enerxía, desenvolvemento do modelo de economía circular e da implementación dos ODS. 
  • Axudas económicas para a implantación de solucións e melloras detectadas que se detallarán no Plan Personalizado de Implantación que terá en conta as características e o sector de actividade da empresa. Este plan recollerá proxectos a implantar, os conceptos e custes elixibles, así como prazos de execución e xustificación da inversión realizada. 

O prazo máximo para o desenvolvemento da fase de axudas é de 6 meses.

BENEFICIARIOS

PEMES da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter unha cifra de negocio mínima de 100.000€ na última anualidade.
  • Ter o seu domicilio social e/ou centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, de conformidade cos datos recollidos no censo.
  • Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á seguridade social.
  • Cumprir a normativa de minimis: o importe total das axudas de minimis concedidas a empresa non poderá ser superior a 300.000 euros nos tres anos previos.
  • Ademais, aquelas empresas que queiran optar directamente á Fase II (axudas económicas) deberán xustificar documentalmente a súa participación previa na Fase I da convocatoria da anualidade 2023 e os que acrediten que participaron na anualidade anterior nun programa similar de asesoramento en materia de sostibilidade de organismos de promoción das CCAA, de organismos públicos nacionais, rexionais ou locais ou de Cámaras de Comercio.

Exclusións:

  • Non poderán participar na Fase I de Diagnóstico aquelas empresas que realizaran o dito diagnóstico na convocatoria 2023 deste programa. 
  • Empresas con consideración de empresa en crise.
  • Non poderán participar na fase II as empresas que resultaran beneficiarias na anterior convocatoria 2023.
  • Persoas en situación de autoemprego que teñan consideración de autónomos societarios ou colaboradores. 
  • Comunidades de bens e sociedades civís, así coma as unións temporais de empresas (UTE), asociacións, fundacións e en xeral as entidades sen ánimo de lucro.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Gastos asociados á execución do Plan de Implantación por parte dos provedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria.
  • Custes indirectos a tipo fixo aplicando a porcentaxe do 7% dos custos directos subvencionables asociados á execución do Plan de Implantación, correctamente xustificados.
  • Todos os gastos deberán iniciarse, así como estar efectivamente finalizados e pagados, respectando as datas indicadas no Anexo Convenio DECA (“Prazo de execución e condicións de elixibilidade de Gastos”) firmado coa Cámara de Comercio e contar sempre co visto bo da Cámara de Comercio que supervisará que se trate de prezos do mercado.
  • Para que as implantacións sexan subvencionables deberán de selo os gastos aos que se apliquen os fondos nos termos establecidos na presente convocatoria e no Anexo V “Tipoloxía e Xustificación de Gastos elixibles” da mesma.
  • Os beneficiarios non poderá contratar en ningún caso a execución do plan con empresas e/ou autónomos vinculados.

CONTÍA DAS AXUDAS

  • Servizos de apoio para a implantación da sostibilidade nas pemes.

A axuda consistirá na prestación gratuíta dos servizos  para a empresa, xa que serán prefinanciados na súa totalidade pola Cámara de Comercio. Divídense en: diagnóstico asistido en sostibilidade e seguimento da implantación.  

  • Axudas económicas para a implantación da sostebilidade nas pemes.

Nesta fase, a contía máxima de axuda por empresa será de 4.494 € sobre un presuposto máximo elixible de 7.490 € (cofinanciación do FEDER ao 60%), que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria.

PRAZO 

Ata o 14 de maio de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

Para acceder a máis información sobre estes Programas de Axudas consulta a seguinte LIGAZÓN.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *