Visita a FranquiAtlántico

franqui

Os integrantes dos obradoiros asistiron á XIX Edición do FranquiAtlántico o pasado 22 de febreiro na sede do R. C. Celta de Vigo.

O salón FranquiAtlántico ofrece coñecer as últimas novidades e obter información das franquicias que planifican a súa expansión na nosa área xeográfica.

No Salón Regio da sede atopábanse todos os stands das diferentes franquicias que buscan expasión brindándote a oportunidade de falar coa empresa e obter toda a información importante para poder montar unha franquicia.

Ao longo da mañá na sala contigua ao Salón Regio levarónse a cabo diferentes charlas e debates. Asistimos a dúas.

Ás 12.45 asisitimos a «Lo que nadie te cuenta la hora de franquiciar tu negocio (casos gallegos con éxito)». O ponente era Rubén Calleja de Expandenegocio, unha empresa dedicada a expasión de negocios, situada en Vigo. Rubén contounos os puntos básicos das franquicias e logo fixemos un percorrido polas franquicias galegas con máis éxito.

Ás 13.20 «Ayudas al emprendedor» Carla García Valcarce púxonos en coñecemento das diferentes axudas que poderíamos solicitar no caso de emprender. Informándonos extensamente de axudas que ofrece IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), e nomeando outras axudas que poderíamos solicitar de outros organismos.

IMG_0245IMG_0239

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *