O obxectivo deste programa é mellorar as habilidades e coñecementos sobre a protección e xestión da propiedade intelectual entre as mulleres artesás das zonas rurais de España e promover a igualdade de xénero e o desenvolvemento sostible nas comunidades rurais.
BENEFICIARIAS
Mulleres artesás que cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade en municipios ou entidades locais que teñan unha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade inferior aos 100 habitantes/km2.
- Que dispoñan dos medios técnicos necesarios para poder seguir a formación online adecuadamente.
PROGRAMA
Programa de xestión da propiedade intelectual para mulleres artesás no ámbito rural de España:
- Nº de Prazas: 30.
- Inicio: Abril 2024.
Este programa estará dividido en 10 módulos:
- Módulo I. Introducción á Propiedade Industrial, Intelectual e Segredo Profesional.
- Módulo II. Patentes e modelos de utilidade.
- Módulo III. Signos distintivos: marcas, nomes comerciais, DOP e IGP.
- Módulo IV. Deseños industriais e variedades vexetais.
- Módulo V. Dereitos de autor e segredos empresariais.
- Módulo VI. Protección de datos e identidade dixital.
- Módulo VII. Xestión práctica da propiedade intelectual nos procesos de creación de novos productos/servizos.
- Módulo VIII. Transferencia de coñecemento e programas de financiación.
- Módulo IX. Modelos CANVAS: definición de modelo de negocio.
- Módulo X. A necesidade dunha estratexia de marketing e ventas, marketing dixital e eCommerce para potenciar o negocio.
Programa de mentoría:
- Nº de prazas: 15.
- Inicio: Setembro 2024.
CONTÍA
As participantes seleccionadas participarán de forma gratuita no programa online. As bonificacións cobren:
- O 100% dos Honorarios de Matrícula.
- Os gastos de desprazamento, ata un máximo de 150 €, aloxamento e manutención en Madrid para a xornada de presentación dos seus proxectos.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Programa de xestión da propiedade industrial:
1º. Zona xeográfica: Non se adxudicarán más de dúas prazas por cada Comunidade Autónoma.
2º. As prazas asignaranse pola estricta orde de solicitude.
Unha vez adxudicadas as dúas prazas por Comunidade Autónoma, o resto de solicitudes recibidas da mesma Comunidade pasarán a formar parte da lista de espera para cubrir as posibles baixas ou renuncias, así como as prazas que non foran cubertas na data de peche da convocatoria.
Programa de mentoría:
As 15 prazas destinadas a este programa adxudicaranse ás 15 alumnas que obtiveran as mellores calificacións finais durante a formación online. No caso de igualdade de puntuación aplicaranse os seguintes criterios:
1º. Zona xeográfica
2º. Orde da inscrición
DOCUMENTACIÓN A APORTAR
Accede á seguinte ligazón para coñecer a documentación a presentar.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Desde o 6 de marzo ata o 2 de abril de 2024 (ou ata o esgotamento das prazas dispoñibles).
MÁIS INFORMACIÓN
Para acceder a máis información do curso consulta a seguinte LIGAZÓN.