PROGRAMAS DESEÑAPEME E INNOVAPEME 2024

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convoca axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través dos programas DESEÑAPEME E INNOVAPEME, mediante as que subvenciona ata o 50% do custo de implantación dun plan de deseño ou innovación.

Estas axudas buscan incrementar a competitividade e o valor das empesas galegas e están dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que acometan plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e/ou plans de innovación en procesos e organización.

A convocatoria distingue dúas liñas, dependendo da súa finalidade (en cada solicitude, as empresas poderán solicitar unha ou ambas as dúas liñas):

  • Liña 1 Deseñapeme: plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (código de procedemento IN848E). Os plans de deseño estarán destinados á resolución de problemas e exploración de oportunidades, pode incluír innovacións non tecnolóxicas ou tecnolóxicas, e ten un alcance ou aplicación nos eidos de creación de novos produtos, deseño de produtos ou redeseño de existentes, deseño de servizos e experiencias a través dos servizos, e a estratexia de marca e posicionamento desta. Así como actividades de apoio e asesoramento en materia de innovación que a complementan.
  • Liña 2 Innovapeme: plans de innovación en procesos e organización (código de procedemento IN848D). Os plans de innovación estarán constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora.

BENEFICIARIOS:

As microempresas, pequenas e medianas empresas e as entidades do terceiro sector de acción social sen ánimo de lucro, validamente constituídas no momento de presentación da solicitude, que teñan domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda.

Estarán excluídas deste programa: 

  • Para a liña 1: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa DeseñaPeme do ano 2022 ou na liña 1 da convocatoria 2023 e non presentase renuncia expresa a estas con posterioridade á súa resolución de concesión. 
  • Para a liña 2: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme do ano 2021, 2022 ou da liña 2 en 2023 e non presentasen renuncia expresa a estas con posterioridade á súa resolución de concesión. 
  • As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro, a excepción das entidades do terceiro sector de acción social sinaladas no artigo 4.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

1. Na liña 1 DESEÑAPEME, poderán incluírse:

– Deseño de produto: deseño circular para conseguir novos produtos sustentables, deseño dixital asociado ao produto; deseño de identidade / elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto).

– Deseño de servizos e experiencias: deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia; deseño de identidade (elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia).

– Deseño de marca e identidade corporativa: Traballos de deseño gráfico, identidade visual, packaging, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de branding coa que a empresa proxecta a súa estratexia cara ás persoas e o mercado.

2. Na liña 2 INNOVAPEME poderanse incluír:

– Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas, deficiencias de coordinación e información asimétrica: consultoría de produto/servizo, protección da propiedade industrial, obtención de certificacións, etc.

– Actividades de innovación en procesos, mediante aplicación de métodos de produción ou loxística, novos ou mellorados de xeito significativo:

– Actividades de innovación en materias de organización, mediante a posta en funcionamento de novos métodos organizativos para a comercialización, a organización do centro e actividades do traballo ou as relacións exteriores da empresa.

O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 € e dun máximo de 150.000 € por plan.

Os plans constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante. 

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario será do 50% sobre o investimento total subvencionable, de acordo cos seguintes límites:

En total, un beneficiario pode obter unha subvención máxima de 150.000 €.

Posibilidade de solicitar anticipo de ata o 70% da subvención concedida. Para a primeira anualidade poderase solicitar ata o 100% da subvención concedida. 

CONCEPTOS DE GASTO QUE SE SUBVENCIONAN

Só se subvencionarán os gastos que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos de innovación para os que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. 

Custos directos que se subvencionan: 

  • Custos de persoal, propio ou de nova contratación.
  • Custos de adquisición de propiedade industrial.
  • Custos de material, subministracións e produtos similares incluídas licenzas de software non amortizables.
  • Subcontratacións: máximo dos 50% dos custos directos.
  • Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais e obtención de certificacións. 
  • Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación. 
  • Custos de servizos de apoio en materia de innovación.
  • Custos de amortización do equipamento e material instrumental inventariables. 

Custos indirectos: O importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 20% aos custos directos do plan. 

PRAZO DE SOLICITUDES

Desde o 14 de febreiro ata o 13 de marzo de 2024.

INFORMACIÓN ADICIONAL A TER EN CONTA

  • Únicamente se admitirá unha solicitude por liña e empresa, grupo empresarial ou empresas vinculadas. 
  • Poderán presentarse solicitudes a unha ou ambas as dúas liñas de presente convocatoria. 
  • Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (no caso da liña 1), e en plans de innovación en procesos e organización (no caso da liña 2). 
  • Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na CCAA galega.
  • Estas axudas teñen efecto incentivador polo que o comezo do plan terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude. 
  • A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2025. Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.
  • En canto ás ofertas, cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro,de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores previamente á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficientes subministradores, o que deberá xustificarse expresamente. 
  • No caso de subcontratación de profesionais do deseño, o profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico no que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa. Poderán ser entidades provedoras de servizos de deseño, profesionais do deseño, estudos de deseño e empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño 

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxaactividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024

Códigos de procedemento:

Liña Deseñapeme (IN848E)

Liña Innovapeme (IN848D)

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co nosoServizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *