PROGRAMA BONOS TURÍSTICOS 2023

Se tes un aloxamento turístico ou unha axencia de viaxes e queres incentivar o turismo e as ventas durante este outono, adhírete ao programa #DescubreGaliciaenOutono

A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha un programa de “bonos desconto”co obxetivo de impulsar o turismo galego en outono, aumentando a demanda na propia Comunidade Autónoma.

Cada bono terá un valor de 100 € por persoa usuaria de acordó cos seguintes criterios:

  • Desconto do 40 % do gasto realizado ata un máximo de desconto de 100 €. Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
  • Poderá usarse o bono máis dunha vez

Quen pode adherirse

  • Os establecementos de aloxamento turístico tales como: hoteis, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos turísticos, establecementos de turismo rural e albergues. Quedan fóra deste programa as vivendas de uso turístico
  • As axencias de viaxes

En ambos casos teñen que estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT)

Prazo

Os establecementos turísticos (empresas) xa poden adherirse a este programa, e o prazo estará aberto ata o 1 de decembro de 2023

Para os usuarios os bonos estarán dispoñibles a partir do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023 (podéndose usar ata o 25 de decembro de 2023)

Como funcionan estes bonos

  • As persoas titulares dos establecementos adheridos ao programa recibirán cada semana a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.
  • Os bonos terán formato dixital (código QR) e poderán utilizarse na aplicación que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
  • Para facer efectivos estes bonos as persoas titulares dos establecementos terán que descargar no seu móbil a App de bonos turísticos.
  • No momento de aboamento do gasto as persoas titulares dos establecementosterán que introducir na App o importe e o concepto do gasto.

En que se poden gastar

A través do bono turístico, subvencionaranse os servizos que presten os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos turísticos, establecementos de turismo rural e albergues de Galicia.

  • Mínimo unha noite nos ditos aloxamentos turísticos, poderán tamén subvencionarse outros servizos prestados directamente polos mencionados aloxamentos.

Tamén os paquetes turísticos que oferten as axencias de viaxes que teñan centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia.

  • Sempre que nestes paquetes se inclúan establecementos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia

Obrigas dos establecementos adheridos ao programa

  • Anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa mediante a colocación de materiais publicitarios coa imaxe corporativa do programa.
  • Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos.
  • Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia por parte da Axencia de Turismo de Galicia para verificar un adecuado funcionamento e xestión dos bonos.
  • Conservar durante un ano todos os tíckets ou facturas de compra xustificativas da aplicación dos bonos.
  • Custodiar con dilixencia as claves de acceso á plataforma co fin de evitar o seu uso indebido

Máis información

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e das axencias de viaxes.

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TU985F

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *