SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES COLABORADORAS DA REDE EUSUMO PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL E SE CONVOCAN PARA OS ANOS 2023 E 2024

Entidades colaboradoras da Rede Eusumo: xa están publicada as subvención para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social e se convocan para os anos 2023 e 2024.

Establecense as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

A súa finalidade é a promoción, a visibilización e o desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego.

O período de execución de accións será o comprendido entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de outubro de 2024.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias:

  •  As asociacións de entidades de economía social
  • Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  • As cámaras de comercio
  • As universidades
  • As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais

 As entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día no cumprimento das obrigas referidas
  • As entidades locais, ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio
  • Ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social
  • Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións
  • Non ter cometido, incitado ou promocionado a LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI
  • As entidades que poden ser beneficiarias poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras
  • Ningunha entidade poderá figurar en máis dunha solicitude individual

Non obstante, unha mesma entidade poderá figurar nunha solicitude individual e, ademáis, nunha ou varias solicitudes conxuntas, sempre que concorra nestas con diferentes entidades socias. 

Actuacións subvencionables

Establécense dúas liñas de actuación:

  1. Actividades xerais de promoción da economía social
    • Actividades de divulgación da economía social
    • Actividades de asesoramento
    • Actividades de formación
  1. Actividades relativas aos sectores específicos da economía social.
    • Actividades de divulgación
    • Xeración de novo coñecemento en economía social
    • Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social
    • Asesoramento e apoio a proxectos de economía social
    • Difusión e visibilización da economía social
Gastos subvencionables
  1. Serán subvencionables os custos directos asociados á realización das actividades, os custos indirectos e os correspondentes á organización das actividades, sempre que non superen o 30 % do custo total da actividade realizada e xustificada.
    1. Consideraranse custos directos os seguintes:
      • Para o caso de actividades formativas e divulgativas, as retribucións do persoal formador interno e externo no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes das accións formativas.
      • Para as demais actividades subvencionables, os gastos directamente relacionados coa execución das actividades tales como a elaboración de estudos, informes, proxectos, plans estratéxicos ou calquera outros obxecto da subvención.
      • Os gastos de amortización de equipos, plataformas tecnolóxicas e outros, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o alugueiro ou arrendamento financeiro destes, excluídos os xuros, soportados na execución das accións e de xeito proporcional a estas.
      • Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións, incluíndo o material de protección e seguridade.
      • Os gastos de alugueiro, arrendamento financeiro, excluídos os xuros, ou amortización das aulas, obradoiros e demais superficies utilizadas na realización da actividade.
      • Gastos de seguro de accidentes.
      • Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas.
    1. Considéranse custos indirectos e gastos de organización os seguintes:
      • Os custos de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e coordinación das actividades.
      • Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. 
      • Outros custos: electricidade, auga, calefacción, mensaxaría, comunicacións, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa.
  1. Custos de persoal asociados a calquera tipo de actividade só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou o posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF, así como as axudas de custo.
  2. No caso de actividades formativas e divulgativas serán subvencionables os gastos correspondentes ás accións en que se acredite a asistencia mínima de 10 alumnos/as, xustificada na forma establecida nesta orde e sempre que polo menos o 70 % do alumnado acredite unha asistencia mínima do 80 % da duración da actividade.
  3. As actividades de asesoramento e acompañamento serán subvencionables sempre que se acadasen un mínimo de 7 horas de asesoramento.
  4. Serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa cando este sexa obrigatorio.

Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:

  1. Que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
  2. Que se efectúen durante o ano 2024.
  3. Que teñan a seguinte natureza:
    • Gastos do persoal da entidade.
    • Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos.
    • Axudas de custo e gastos de viaxe.
    • Gastos de xestión e administración directamente relacionados co funcionamento habitual da entidade solicitante.
    • Gastos derivados de auditorías externas sobre a xestión do/dos programa/s por parte da entidade.
    • Gastos de investimento no caso das liñas de actuación IV e VIII: na execución de obras o importe total dos custos xerais (tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros) non poderán superar o 12 % do importe total da subvención finalmente concedida para o desenvolvemento do programa.
    • Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación dos beneficiarios nos programas de formación. A contía non poderá ser superior a 5 €/día.
    • Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.
Contía das axudas
  1. A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades.
  2. Establécense, así mesmo, os seguintes límites de subvención para as actividades que se indican a seguir:
    • Unha cantidade máxima de 3.000 euros por cada actividade formativa, cun custo máximo de 50 euros por hora para a docencia e 30 euros por hora para a coordinación, organización e preparación das actividades. Os gastos de material e papelaría e fotocopias serán elixibles ata o límite de 8 euros por cada alumno/a con asistencia acreditada.
    • Actividades divulgativas ata un máximo de 3.000 euros por cada actividade.
    • Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social, ata un máximo de 50 euros por hora de atención e 2.000 euros por itinerario completado (mínimo 60 h).
    • Celebración de encontros e networking entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, ata un máximo de 1.500 euros por actividade.
    • O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 euros.
    • Celebración de feiras, mostras e congresos, ata un máximo de 15.000 euros por cada unha.
    • Unha cantidade máxima de 10.000 euros para a elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan de nova creación.
  1. A contía máxima da axuda por todos os conceptos subvencionables non poderá exceder os 120.000 euros por anualidade para cada entidade beneficiaria. Non obstante, se unha vez atendidas todas as solicitudes que cumpran os requisitos previstos nesta orde para acceder ás axudas quedan remanentes de crédito, poderá procederse á súa distribución, seguindo a orde de prelación existente, e ata un máximo de 70.000 euros adicionais por anualidade e entidade beneficiaria.
Criterios obxectivos de concesión
  1. Para a concesión das axudas realizarase unha comparación de todas as actividades propostas nas solicitudes presentadas polas entidades que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 desta orde.
    • Pola adecuación da actividade proposta á finalidade das actividades xerais de promoción da economía social deste programa de axudas: 5 puntos.
    • Polas actividades ou accións dirixidas á creación ou consolidación de emprego na economía social: 5 puntos.
    • Polas actividades dirixidas ao emprendemento na economía social no medio rural: 3 puntos
    • Polas actividades dirixidas ao emprendemento das mulleres en economía social: 3 puntos.
    • Polas actividades dirixidas ao emprendemento das persoas menores de 30 anos en economía social: 3 puntos.
    • Polas actividades ou accións dirixidas ao emprendemento ou consolidación de entidades de economía social que xere emprego a persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión: 5 puntos.
    • Se a duración da actividade é, polo menos, dun 25 % superior á duración mínima establecida na convocatoria: 3 puntos.
    • Pola antigüidade da entidade solicitante na Rede Eusumo outorgaranse dous puntos por cada ano de antigüidade, a partir do 4º ano desde a data do convenio de adhesión á Rede Eusumo, cun límite máximo de 14 puntos nesta alínea. Os tres primeiros anos de antigüidade non puntúan.
    • Se a entidade solicitante ten representación no Consello da Economía Social de Galicia: 10 puntos.
    • Pola presentación conxunta de solicitudes para a formulación e desenvolvemento conxunto de actividades propostas polas entidades solicitantes: 5 puntos. No caso de que algunha das entidades participantes na solicitude conxunta sexan entidades da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, 5 puntos adicionais. Para as actividades nos sectores específicos da economía social, asignaráselles a puntuación que corresponda segundo os seguintes criterios:
      • Pola adecuación da actividade proposta á finalidade das actividades nos sectores específicos da economía social deste programa de axudas: 5 puntos.
      • Se a actividade proposta non se presentou en ningunha convocatoria anterior nin foi subvencionada con anterioridade neste programa de axudas: 10 puntos.
      • Polas actividades dirixidas ao emprendemento na economía social no medio rural: 3 puntos.
      • Polas actividades dirixidas ao emprendemento das mulleres en economía social: 3 puntos.
      • Polas actividades dirixidas ao emprendemento das persoas menores de 30 anos en economía social: 3 puntos.
      • Polas actividades ou accións dirixidas ao emprendemento ou consolidación de entidades de economía social que xere emprego a persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión: 3 puntos.
      • Se a duración da actividade é, polo menos, dun 25 % superior á duración mínima establecida na convocatoria: 3 puntos.
      • Pola antigüidade da entidade solicitante na Rede Eusumo outorgaranse dous puntos por cada ano de antigüidade, a partir do 4º ano desde a data do convenio de adhesión á Rede Eusumo, cun límite máximo de 14 puntos nesta alínea. Os tres primeiros anos de antigüidade non puntúan.
      • Se a entidade solicitante ten representación no Consello da Economía Social de Galicia: 5 puntos.
      • Pola presentación conxunta de solicitudes para a formulación e desenvolvemento conxunto de actividades propostas polas entidades solicitantes: 5 puntos.
      • No caso de que algunha das entidades participantes na solicitude conxunta sexan entidades, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, 5 puntos adicionais.
Prazo e presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 3 de agosto ata o 4 de setembro.

Máis información

Consulta ORDE do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2023 e 2024.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou no noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org.

O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva.
O período de execución de accións será o comprendido entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de outubro de 2024.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *