Obter o teu Certificado Electrónico de Cidadán agora é máis sinxelo que nunca. Poderás facelo a través da Vídeo-Identificación, sen saír de casa nin realizar desprazamentos incómodos.
O proceso de obtención do Certificado software (como arquivo descargable) de Cidadán, divídese en catro pasos que deben realizarse na seguinte orde:
Para solicitar o certificado é necesario instalar o software, CONFIGURADOR FNMT-RCM que se indica neste apartado.
Enlace a trámiteSolicitude vía internet do seu Certificado. Ao finalizar o proceso de solicitude, vostede recibirá na súa conta de correo electrónico un Código de Solicitude que lle será requirido no momento de acreditar a súa identidade e posteriormente á hora de descargar o seu certificado.
Enlace a trámiteAcreditación da identidade con Vídeo Identificación. Unha vez completada a fase anterior e xa en posesión do seu Código de Solicitude, para continuar co proceso deberá de escanear co seu teléfono móbil o QR que aparece en pantalla. Nun máximo de 2 días hábiles, a seu vídeo identificación será atendida e recibirá un correo de aviso, aprobando ou rexeitando a mesma. NOTA: Este servizo de vídeo identificación ten un custo de 2,99 euros + impostos. O certificado non ten custo.
Enlace a trámiteDescarga do seu Certificado de Usuario. En caso de aprobarse a súa vídeo identificación e facendo uso do seu Código de Solicitude, poderá descargar e instalar o seu certificado e realizar unha copia de seguridade (RECOMENDADO).
Enlace a trámiteNo seguinte vídeo explicativo, poderás seguir os pasos detallados e descubrir de forma práctica e amena como realizar o procedemento sen complicacións. Será moi útil para aclarar calquera dúbida que poidas ter e permitirache visualizar o proceso en tempo real. Neste vídeo, ilustrase de maneira completa o proceso de obtención do Certificado Electrónico de Cidadán a través da Vídeo-Identificación.
Máis información
Para calquera información a maiores sobre este procedemento ou se precisas axuda, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.