INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL NO ÁMBITO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Se tes unha empresa e necesitas contratar, ten en conta que a Xunta de Galicia ven de publicar unha convocatoria que subvenciona con 9.000 euros a contratación por conta allea de persoas mozas incluídas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

A través destas axudas  búscase apoiar a integración das persoas mozas, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no mercado laboral, a través de contratos indefinidos, de formación en alternancia ou para a adquisición de práctica profesional, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Quen pode solicitar as axudas

  1. Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.
  1. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, así como as entidades sen ánimo de lucro.
  1. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas empregadoras ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  1. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego.

Gastos subvencionables

  1. As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos indefinidos, contratos de formación en alternancia ou de contratos para a obtención da práctica profesional. 
  1. Os contratos terán unha duración mínima de 9 meses e deberán ser a xornada completa.
  1. Serán subvencionables nas modalidades de indefinido, formación en alternancia ou para a obtención da práctica profesional, tanto as novas contratacións como as contratacións realizadas con anterioridade á notificación da concesión da axuda, e ata os 6 meses inmediatamente anteriores á data de publicación desta orde, sempre que a formalización do contrato se realizase no ano en curso e se cumpran todos requisitos recollidos nesta orde.
  1. No caso de novas contratacións, o período para realizar as ditas contratacións será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da concesión da axuda e rematará o 30.9.2023. 

Contía da axuda 

  1. Un incentivo único de 9.000 € por cada persoa moza contratada, ben con carácter indefinido ou ben cunha duración mínima de 9 meses para os casos de contratos de formación en alternancia e para a obtención da práctica profesional, e en todos os casos cunha xornada a tempo completo.  Calquera que sexa a modalidade da contratación, cada persoa contratada deberá contar cun programa de formación en competencias brandas, dunha duración mínima de 50 horas.
  2. Aboarase ás persoas empregadoras ou empresas beneficiarias nun único pagamento, logo de presentada a documentación xustificativa. O pagamento do incentivo realizarase unha vez realizada a contratación.
  1. Serán incompatibles con outras subvencións ou axudas públicas, con independencia do seu importe, para o mesmo obxecto e finalidade. Serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.
  2. O importe das subvencións non poderá ser de tal contía que supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa empregadora ou empresa beneficiaria.

Prazo 

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023

Acceder ao procedemento de tramitación: 

Para os efectos de esta orde, entenderase:
Persoa desempregada: que estea inscrita no Servizo Público de Emprego e Galicia no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 
Contrato de formación en alternancia: contrato subscrito con persoas menores de 30 anos que carezan da cualificación profesional requirida para concertar un contrato formativo para a obtención da práctica profesional. Terá por obxecto compatibilizar a actividade laboral retribuída cos correspondentes procesos formativos no ámbito da formación profesional, os estudos universitarios ou o catálogo de especialidades formativas do Sistema nacional de emprego.
Contrato de formación para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos: contrato subscrito con persoas menores de 30 anos, que estivesen en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento) ou título de grao medio o superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional. O posto de traballo deberá permitir a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos ou de formación cursados.
Competencias brandas: combinación de habilidades sociais e de comunicación, actitudes, intelixencia social e emocional, que facultan as persoas para moverse pola súa contorna laboral, traballar xunto a outros, facilitan as relacións humanas e permiten desenvolverse con éxito no ámbito laboral.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *