SUBVENCIÓNS PARA A ACELERACIÓN CULTURAL NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS

Se es autónomo ou pequena empresa e pertences ao sector das artes escénicas, ás disciplinas de teatro, en calquera das súas manifestacións, de danza e artes do movemento, de circo e de maxia, bótalle un ollo a este programa de axudas para a aceleración cultural.

Obxecto

Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para participar no Programa de aceleración cultural no ámbito das artes escénicas coa finalidade de contribuír á consolidación e transformación das industrias culturais e creativas no ámbito das artes escénicas estimulando a profesionalización empresarial.

O obxectivo principal da aceleración cultural é iniciar un proceso de aceleración poñendo á disposición das persoas e entidades seleccionadas ferramentas dirixidas a obter habilidades emprendedoras e financeiras para o desenvolvemento da súa actividade empresarial co fin de:

  • Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das ICC.
  • Impulsar a transformación á cultura dixital e a incorporación de novas tecnoloxías nas ICC.
  • Favorecer as interconexións entre as ICC e destas con outros sectores económicos.
  • Mellorar o acceso ao financiamento das ICC.

Persoas beneficiarias

Persoas profesionais rexistradas no réxime especial de traballadores autónomos, as pemes e as microempresas, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  • A actividade empresarial debe desenvolverse de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
  • Que conten cunha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
  • Estaren dadas de alta nas correspondentes epígrafes do imposto de actividades económicas e ter un obxecto ou fin social acorde con algún dos subsectores que compoñen as industrias culturais e creativas en Galicia no ámbito das artes escénicas. O ámbito das artes escénicas queda restrinxido ás disciplinas de teatro, en calquera das súas manifestacións, de danza e artes do movemento, de circo e de maxia.

Contía e intensidade da axuda

A contía máxima de subvención que pode recibir un solicitante é de 42.000 euros, sen que este importe supere o 80 % do total dos gastos subvencionables do proxecto presentado.

Prazo de duración do procedemento de concesión

O prazo de duración do procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Información ás persoas interesadas

Poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

Proxectos e gastos subvencionables

  1. Serán gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable, que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto presentado e fosen executados e pagados, desde o día seguinte ao da presentación da solicitude de axuda ata o 20 de outubro de 2024, ambos incluídos. O período subvencionable, por tanto, abrangue desde o día seguinte ao da presentación da solicitude ata o 20 de outubro de 2024.
  2. A aceleración cultural enténdese como un conxunto de ferramentas á disposición das persoas beneficiarias para contribuír a impulsar a súa actividade empresarial, polo que os proxectos que se presenten teñen que ter un alto grao de definición sobre o obxectivo que se persegue a través do proceso de aceleración e a estratexia de investimento que o acompaña.
  3. Os proxectos que se presenten a esta convocatoria teñen que responder a un ou varios dos obxectivos marcados e constituír unha unidade integral que vincule as diferentes liñas de gastos subvencionables descritas a seguir:
    • A. Aceleración:
      • Liña 1: Acompañamento ás empresas, formación, mediación, incubación ou mentoría en materia de comunicación, márketing, internacionalización ou financiamento.
      • Liña 2. Participación da empresa en xornadas, obradoiros e seminarios.
    • B. Investimento:
      • Liña 3. Apoio á apertura de novas liñas de negocio e/ou novos mercados. Os gastos derivados dos servizos profesionais necesarios para o deseño da idea e nova liña de negocio, servizos profesionais que contribúan á súa configuración e lanzamento: estudos de mercado, plan de márketing e comercialización, establecemento de sinerxías con outras empresas do ámbito cultural e creativo etc.
      • Liña 4. Apoio á transformación dixital. Gastos vinculados á dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías á actividade principal, ben sexa en produto ou servizo, conectividade, integración de tecnoloxía dixital, big data, adopción de medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo, e outros investimentos en activos materiais que revertan na organización impulsando a súa aceleración.

O proxecto que se presente debe destinar, polo menos, o 20 % do custo subvencionable á parte de aceleración e o importe restante ao investimento que a acompaña.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2023.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241, e se convocan para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *