SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS SOLICITUDES DE PATENTES E MODELOS DE UTILIDADE. CONVOCATORIA 2023 

Se queres solicitar unha patente ou un modelo de utilidade no exterior estas axudas interésanche.

Obxecto

A Oficina Española de Patentes e Marcas segue impulsando no exercicio 2023 a utilización da Propiedade Industrial polas empresas españolas como ferramenta de acceso aos mercados internacionais.

O obxectivo destas subvencións é incentivar e apoiar a actividade innovadora das empresas e emprendedores nacionais, mediante o fomento da protección da propiedade industrial a través da presentación de solicitudes de patentes e modelos de utilidade, así como mellorar a competividade de entidades que emprenderon a procura de mercados fóra de España.

A convocatoria consta de dous programas:

a)Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior: actividades que supoñan uns custos polo pago de taxas para a consecución dunha patente europea, internacional ou unha patente nacional en oficinas nacionais estranxeiras.

Dirixido a estimular a protección internacional da tecnoloxía a través de patentes ou de modelos de utilidade. Mellorar a competitividade das empresas que emprenden a procura de mercados fóra de España, especialmente das pequenas e medianas empresas (PEME).

Entre outros conceptos subvencionables, a convocatoria 2023 inclúe: trámites de solicitude, informe de procura, exame ou concesión, anualidades da EPO e validación de patente europea.

A diferenza das convocatorias anteriores, non se subvencionarán os custos da tradución ao idioma do país no que se realice a extensión da patente ou do modelo de utilidade.

b)Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois para a PEME e persoas físicas: estas axudas concéntranse en subvencionar as solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois que conlevan o pago dunha taxa. 

 Dirixido a estimular a protección nacional da tecnoloxía a través de patentes ou modelos de utilidade co fin de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, así como das persoas físicas, ditas axudas concéntranse en subvencionar as solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois que conlevan o pago dunha taxa.

Beneficiarios

  • Para o programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior:
  • Que sexa unha persoa física.
  • Que sexa considerado PEME.
  • Que sexa unha gran empresa privada.
  • Que sexa unha institución privada sen ánimo de lucro sen dependencia ou vinculación ao sector público

O solicitante debe realizar directamente ou a través dun representante a solicitude de patente e/o modelo de utilidade no estranxeiro de acordo cos

requisitos expresados na presente convocatoria.

Son subvencionables as actividades indicadas na convocatoria cuxo gasto se realizou desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022.

  • Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois para a PEME e persoas físicas:
  • Que sexa unha persoa física.
  • Que sexa considerado PEME.

O solicitante debe realizar directamente ou a través dun representante

algunha das actividades contidas na convocatoria.

Son subvencionables as actividades indicadas na convocatoria que fosen publicado no BOPI (Boletín Oficial de la Propiedad Industrial) durante os anos 2020, 2021 e 2022.

 A subvención non poderá superar o 90 por cento das devanditas contías.

Prazo

O prazo para a  presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2023

Máis información

Consulta o Extracto de la Resolución de la Dirección de la Oficina Española de Patentes y Marcas, O.A., por la que se convoca la concesión de subvenciones en régimen de concurrencia competitiva para el fomento de las solicitudes de patentes y modelos de utilidad españoles y en el exterior para el año 2023

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *