Dende Emprendenarede traémosche unha recopilación das novidades en materia das axudas da Cámara de Comercio.
1.- Convocatoria Programa INNOCÁMARAS 2023: Ten por obxecto impulsar a innovación, como herramienta competitiva clave nas empresas da demarcación cameral da área de Vigo. Estimular a inversión empresarial en I+D+I, mediante o fomento de execución de proxectos para o desenvolvemento de novos productos/servicios, para a mellora de procesos productivos, plans estratéxicos de marketing, innovación en xestión empresarial, sostenibilidade, propiedade industrial, etc.). Fináncianse os gastos directos dos servicios de asesoría e consultoría, así como outros gastos e investimentos asociados ó desenvolvemento do Plan de innovación.O presuposto máximo elíxible por empresa e 7.000 €, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ó 80%, polo que a cuantía máxima de axuda por empresa será de 5.600 €. O prazo de solicitudes remata o 13/01/2023 ás 14:00 horas. Para mais información podes acceder a: INFORMACIÓN ou tamén poderás acceder directamente á solicitude a través de: Solicitude.
2.- Convocatoria Programa Xpande 2023: O obxectivo principal deste Programa é mellorar os procesos de internacionalización das Pemes e as súas capacidades para operar en contornos dixitais globais, mediante a implantación de Plans de Acción de Marketing Dixital Internacional, contribuíndo así a acadar unha posición competitiva sostible no sector mercado seleccionado. Para iso ofrécese ás empresas unha fase de asesoramento individualizado e a fase de axuda para o desenvolvemento dos seus Plans de Acción de Marketing Dixital Internacional, nun mercado obxectivo estranxeiro. O orzamento máximo subvencionable por empresa de 4.000 €, que estarán integramente prefinanciados pola empresa beneficiaria e cofinanciados nun 80% por FEDER, polo que o importe máximo de axuda por empresa será de 3.200 €. O prazo de solicitudes remata o 13/01/2023 ás 14:00 horas. Para máis información podes acceder a: INFORMACIÓN ou tamén poderás acceder directamente a solicitude a través de: Solicitude.
3.- Programa CIBERSEGURIDADE 2023 Preténdese impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo, e capacitar ás pymes para previr os principais riscos en ciberseguridade, garantindo que os Sistemas de Información e Telecomunicacións que utilizan un adecuado nivel de ciberseguridade. Trátase de contribuír á transformación dixital das PYME, microempresas e autónomos. Consta deservizos de apoio para a implantación da ciberseguridade nas Pemes e de axudas económicas para a implantación da ciberseguridade na Pemecun orzamento máximo elixible de 4.000€, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ao 80%, polo que a contía máxima da axuda será de 3.200€. O prazo de solicitudes remata o 15/01/2023 as 14:00 horas. Para máis información podes acceder a: INFORMACIÓN ou tamén poderás acceder directamente á solicitude a través de: Solicitude.
4.- Programa Sostibilidade 2023: O obxectivo principal é mellorar a competitividade da peme española mediante o impulso da sostibilidade, así como reactivar a economía en base á sostibilidade, poñendo en valor as súas repercusións económicas, sociais e medioambientais, e a Axenda 2030. Impulsando a promoción de actividades de I+I lideradas polas empresas, e apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora. O presuposto máximo elixible por empresa de 7.000 €, prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado polo FEDER ao 80% polo que a contía máxima da axuda por empresa será de 5.600 €. O prazo de solicitudes remata o 31/01/2023 14:00 horas. Para máis información podes acceder a: INFORMACIÓN ou tamén poderás acceder directamente á solicitude a través de: Solicitude.
Pareceuche de utilidade a información proporcionada? Entón, suscríbete á nosa LISTA DE DIFUSIÓN.